Euloxio R. Ruibal ergue a peza escultórica de Soledad Penalta coa que foi agasallado.
Fonte: Distrito Xermar / AELG
O escritor lendo o seu discurso ao pé do monólito na súa honra.
Fonte: Distrito Xermar / AELG
Plantación dunha abeleira no parque de Galeras.
Fonte: Distrito Xermar / AELG
O escritor participou ademais na plantación dunha abeleira, a árbore que el mesmo elixiu, e pronunciou o discurso que pode lerse nesta ligazón no propio parque, onde tamén tomaron a palabra o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, e a alcaldesa de Santiago de Compostela, a académica correspondente Goretti Sanmartín.
A xornada continuou no Teatro Principal cun acto no que a laudatio do homenaxeado correu a cargo da crítica teatral e escritora Inma López Silva. Á celebración sumáronse o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, e outros membros da institución.