Os músicos interpretando a muiñeira de Cambados no escenario do Auditorio Xuventude, que acolleu o pasado sábado o acto de conmemoración do centenario de 'Vento mareiro'. Foto: RAG
A celebración arrincou coa interpretación da muiñeira de Cambados a cargo do gaiteiro Xaquín Xesteira e dos seus fillos, Roi e Anxo, e as palabras de benvida da alcaldesa, Fátima Abal Roma, e o presidente da Academia, Xesús Alonso Montero, que condenou o atentado de París e expresou a súa solidariedade coas vítimas. Os músicos regresaron ao escenario para pecharen co Himno galego un acto no que a poesía de Vento mareiro soou entre os relatorios na voz de membros da Academia. Os poemas "Sono dourado" e "Camiño longo" escoitáronse na voz de Fina Casalderrey e Margarita Ledo leu "Meus irmáns" e "Á sombra do pinal", mentres que Salvador García Bodaño deu lectura a versos elexíacos da súa autoría na memoria de Cabanillas. Tamén houbo unha lembranza especial para Luís Rei, autor da máis completa biografía do poeta e técnico cultural do Concello de Cambados, finado o pasado verán.
"A intensa e frutífera" relación entre Cabanillas e as Irmandades da Fala, entidade da que se cumprirá en 2016 o centenario da súa fundación, centrou o primeiro relatorio da tarde, o do profesor e investigador Emilio Ínsua. Cabanillas, que regresara do seu desterro cubano en xuño de 1915, non estivo presente na primeira asemblea O propio nome das Irmandades da Fala ten seguramente algo que ver co emotivo emprego que tiña feito o de Cambados do apelativo "irmáns", suxeriu Ínsua constituínte dun grupo irmandiño, celebrada nos locais da Real Academia Galega o 18 de maio de 1916, pero si enviou unha adhesión expresa en forma de carta á asemblea constituínte do grupo compostelán, na que se integrou inicialmente, lembrou. "O propio vocábulo elixido para o agrupamento, o de Irmadades da Fala en vez do inicialmente barallado de Liga de Amigos do Idioma, ten seguramente algo que ver co emotivo emprego que tiña feito o de Cambados nalgúns dos seus poemas máis emblemáticos do apelativo irmáns, de claras resonancias cristiáns franciscanistas e/ou irmandiñas", suxeriu o investigador.
A considerada voz poética das Irmandades estivo presente nos primeiros actos públicos irmandiños, "proba evidente do seu entusiasmo e adhesión plena á nova entidade", proseguiu. "Esa absoluta entrega mal casa coa idea que deitou nas súas declaracións de ancianidade, cando afirmou que o seu labor, tanto no agrarismo como no nacionalismo, se debía a que 'nunca souben dicir que non', ou sexa, a que 'facía o que eles [Basilio Álvarez e Antón Villar Ponte] me suxerían", engadiu Ínsua.
O académico Francisco Fernández Rei, cambadés como o homenaxeado, abordou pola súa banda a relación entre Cabanillas, cambados e o vento mareiro. A saudade do mundo cambadés, salientou, estaba xa presente en varios textos do seu primeiro poemario, No desterro, editado tamén en La Habana (1913). Pero, como dixo Ramón Caride, Vento mareiro é "o poemario máis cambadés e consecuentemente, e paradoxalmente, tamén máis universal de Ramón Cabanillas", coincidiu Fernández Rei. A Cambados, "probe e fidalgo e soñador" está tamén dedicado o libro, en cuxo título xa está implicitamente presente esta vila, na que falar do vento mareiro é falar de algo máis ca dun vento que vén do mar, "un ventiño maino e agarimoso que no final da primavera e no verán, do mediodía ó solpor, vén da parte da Curota", definiu o catedrático.
Vento mareiro é ademais a obra que confirmou a Cabanillas como o autor esencial na historia das letras galegas. "Non había na poesía de entre séculos renovación estética, o Non había na poesía de entre séculos renovación estética. 'No desterro' e, sobre todo, 'Vento mareiro', foron unha posta ó día da linguaxe poética galega e un alivio, expresou Fernández Rei que alarmara, entre outros, a Murguía, que vía que estaba en perigo o Rexurdimento literario galego que tanto custara levantar (…). A aparición de No desterro e, sobre todo, a de Vento mareiro supuxo unha sensación de alivio e de esperanza por ser un "aggiornamento", unha posta ó día da linguaxe poética galega. Cabanillas era o poeta arelado e o poeta daquela necesario, louvado e respectado polo galeguismo", expresou Fernández Rei.
O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, abordou por último a presenza de Xosé Fontenla Leal en Vento mareiro e No desterro. Fontenla Leal, nado en Ferrol e emigrante en Cuba desde os 8 anos, foi unha figuraCabanillas recoñeceulle a Fontenla Leal que el fora responsable do seu "casamento co idioma patrio", lembrou Alonso Montero fundamental desde a illa caribeña na creación da RAG. A súa amizade con Cabanillas en Cuba marcou a vocación literaria e o "casamento co idioma patrio" do poeta, segundo el mesmo lle recoñeceu na dedicatoria dun dos seus poemas, recordou Alonso Montero. "Polo tanto, parece que foi Fontenla Leal quen lle fixo saber a Cabanillas que tiña suficiente talento para que se materializase nuns versos, e non só iso, tamén que eses versos fosen en galego. Así pois, Fontenla Leal merecería para todos os biógrafos de Cabanillas un ou varios capítulos para comprender a súa biografía literaria", resaltou.
Alonso Montero compartiu co público a antedita dedicatoria de Cabanillas a Fontenla Leal, estampada nun exemplar de No desterro conservado na Biblioteca da RAG, así como a que lle dedicou noutro volume da primeira edición de Vento mareiro.