Novas na categoría día das letras.

"Coido que, literalmente, Manuel María conseguiu quedar na paisaxe, ser un con ela"

13/06/16 |
O autor distinguido co Día das Letras Galegas de 2016 non só foi "un mestre da literatura", tamén foi "un catedrático de amor á terra e de coñecemento do noso país". Dío a escritora Marica Campo neste "Cuestionario Manuel María", no que recorda ademais a amizade que os uniu

Sobre a designación da personalidade literaria do Día das Letras Galegas

9/06/16 | A Academia manifesta a súa gratitude aos colectivos e institucións que divulgan o nome e os méritos de figuras literarias. As propostas para a elección da personalidade a quen se dedique o Día das Letras Galegas deben estar asinadas por tres membros do Pleno da RAG

O Día das Letras Galegas de 2016 estará dedicado a Manuel María

4/07/15 |
A Real Academia Galega, reunida hoxe en Sesión Plenaria, acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2016 a Manuel María

Convocado o Pleno da Real Academia Galega que decidirá sobre as Letras Galegas 2016

26/06/15 | O vindeiro 4 de xullo reunirase o pleno da Real Academia Galega que decidirá sobre a figura dedicataria do Día das Letras correspondente ao ano 2016.

'A recollida do Cancioneiro Popular Galego', de Filgueira Valverde

22/05/15 |
O 12 de novembro de 1981, Filgueira Valverde publicaba en La Voz de Galicia un extenso artigo no que facía resumo da historia da recollida do cancioneiro popular galego.

Helena González responde o Cuestionario Filgueira Valverde

20/05/15 | Profesora de literatura galega na Universidade de Barcelona, interésase en particular polo xénero na literatura e cultura contemporáneas. Na actualidade dirixe o Centre Dona i Literatura e mais a revista online Abriu: estudos de textualidade do Brasil, Galicia e Portugal.

Acto central do Día das Letras Galegas 2015

18/05/15 |
O pasado domingo 17 de maio, a Academia rendeulle homenaxe a Xosé Filgueira Valverde nun dos lugares máis estreitamente relacionados coa súa figura: o Museo de Pontevedra.

Presentación de 'Xosé Filgueira Valverde. O noso Adral'

15/05/15 | O volume, unha colectáneas de artigos de Filgueira Valverde reunidos e editados por Xesús Ferro Ruibal, será distribuído entre os lectores de La Voz de Galicia o vindeiro domingo, 17 de maio.

Ao redor de Filgueira Valverde

15/05/15 |
Como cada ano, a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas suscita unha morea de producións culturais nas que se estuda, debate e analiza a súa vida e a súa obra. Nesta nova escolmamos algunhas das máis destacadas.

'Na festa dos maios', de Filgueira Valverde

12/05/15 | No artigo que reproducimos a seguir, Xosé Filgueira Valverde relaciona dous temas da súa especialidade: a etnografía popular e a literatura medieval galegas.

Novas na categoría día das letras.

Non hai resultados.

Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Cursos de Verán


Toda a información
nesta páxina

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar