Os Cursos “Galego sen fronteiras” reciben este verán máis de 80 estudantes dunha vintena de países

21/06/17 |
A trixésima edición será inaugurada o vindeiro 3 de xullo na Facultade de Filosofía da USC. O programa combina as clases teóricas e prácticas con obradoiros de música e baile e palestras impartidas por persoas do mundo da cultura galega especialistas en distintos eidos

O Día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado a María Victoria Moreno Márquez

17/06/17 |
O Pleno da RAG acordou homenaxear o vindeiro 17 de maio a escritora de orixe estremeña, unha das voces pioneiras da narración en galego destinada ao público máis novo. Na mesma sesión votouse a favor da proposta de nomear a Marina Mayoral académica de honra e a cobertura de sete vacantes de correspondentes

Últimos días para participar no concurso escolar “Contádenos o voso Día das Letras”

14/06/17 |
O prazo de recepción de proxectos permanecerá aberto ata o vindeiro 21 de xuño. A RAG amosará os traballos na web Primavera das Letras e sorteará entre os participantes lotes de libros

A RAG elixe o sábado a figura literaria que protagonizará o Día das Letras de 2018

13/06/17 |
Os académicos e académicas someterán a votación as cinco candidaturas presentadas: Ricardo Carballo Calero, Plácido Ramón Castro del Río, Antón Fraguas Fraguas, Eusebio Lorenzo Baleirón e María Victoria Moreno Márquez

A colección de pergameos enriquece os fondos da RAG dispoñibles na Rede

7/06/17 |
A institución abre a todo o público, co gallo do Día Internacional dos Arquivos, un conxunto de case 300 escritos do século XII ao XVIII. O máis antigo en galego está datado en 1259, no momento da introdución da nosa lingua na documentación notarial. O máis vello de todos é un privilexio de Afonso VII de 1117

Encontro do presidente da RAG co responsable da Deputación de Lugo

5/06/17 |
Víctor F. Freixanes iniciou esta mañá con Darío Campos Conde, no Pazo de San Marcos, a rolda de xuntanzas cos presidentes provinciais

Unha homenaxe para Filomena Dato Muruais

2/06/17 |
A Asociación Irmáns Suárez Picallo, o Concello de Bergondo e a RAG inician conversas de cara a celebrar unha homenaxe á escritora, nomeada académica correspondente en 1906

A RAG e a AELG coinciden no interese de abordar novas liñas de colaboración

1/06/17 |
O presidente e o secretario da Academia mantiveron unha xuntanza na rúa Tabernas cos seus homólogos da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

O 17 de maio á outra beira do Atlántico

31/05/17 |
Pechamos o percorrido pola festa do Día das Letras Galegas no exterior facendo parada en distintas localidades de Arxentina, Cuba, Brasil ou Estados Unidos
Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Sábado 23 de setembro de 2017 / 12:00 h
Ingreso de Chus Pato como académica numeraria da RAG - Ourense
Sábado 30 de setembro de 2017 / 9:30 h
II Xornada de onomástica galega: Os nomes e apelidos - Museo de Pontevedra

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar