A colección de retratos de Rosalía de Castro da RAG, agora na Rede

6/02/17 |
A Academia comparte desde hoxe a través de Galiciana as fotografías da escritora conservados no Arquivo da institución. Entre elas figuran o famoso retrato do estudio de Sellier e outros menos coñecido como o da autora con só dezaoito anos

Os Cursos “Galego sen fronteiras” celebran este verán trinta anos espallando a lingua galega polo mundo

3/02/17 |
O prazo de inscrición nesta nova edición permanecerá aberto ata o 24 de febreiro. O programa, aberto a persoas de fóra de Galicia, desenvolverase en Santiago de Compostela do 3 ao 24 de xullo de 2017

Homenaxe a "un dos presidentes máis brillantes" da Academia

2/02/17 |
A sede da institución por cuxa consecución tanto traballou celebrou unha homenaxe a Sebastián-Martínez Risco. No acto recoñeceuse tamén a súa aposta pola entrada das figuras máis relevantes da cultura galega na institución e o seu compromiso coa lingua como xurista en tempos complexos

'Onde ferve o amor por Galiza', 270 cartas entre Martínez-Risco e o galeguismo exterior

1/02/17 |
A Academia acolleu a presentación do libro de correspondencia coa diáspora do presidente da institución de 1960 a 1977. A edición, ao coidado de Xosé Ramón Freixeiro Mato, foi publicada pola Deputación da Coruña

O Día da Ilustración homenaxea a Álvaro Cebreiro

30/01/17 |
A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración dedícalle un vídeo didáctico que reflicte o estilo vangardista do caricaturista, membro das Irmandades da Fala e asinante do manifesto 'Máis alá!'. Dúas publicacións conservadas na RAG, entre os exemplos que amosa a peza audiovisual

Un acto recordará o 1 de febreiro a Sebastián Martínez-Risco

26/01/17 |
A RAG e a Irmandade Xurídica Galega organizan unha homenaxe ao xurista e presidente da Academia (1960-1977) nos corenta anos do seu pasamento. Intervirán Xosé Ramón Freixeiro Mato, Consuelo Castro Rei, Xosé Luís Franco Grande, Isabel Risco e Xesús Alonso Montero

O "epílogo" do Ano Filgueira Valverde xunta as achegas de vinte e un autores sobre o "último polígrafo"

26/01/17 |
A Academia presentou no Museo de Pontevedra o 'Boletín' nº 376, dedicado na súa parte monográfica ao intelectual. O volume inclúe tamén os relatorios das celebracións dos centenarios de Xosé María Álvarez Blázquez, Xaime Isla Couto e Ramón Piñeiro, e da publicación de 'Vento mareiro'

O 'Boletín' dedicado a Filgueira Valverde preséntase este mércores no Museo de Pontevedra

23/01/17 |
O acto terá lugar ás 20 horas no Sexto Edificio. O volume recolle alocucións do Día das Letras Galegas de 2015 e os relatorios arredor do polígrafo presentados no Simposio Filgueira Valverde na cultura galega do século XX

Homenaxe en Lisboa a unha grande dos estudos da lírica galego-portuguesa

20/01/17 |
A RAG presentou este xoves na Universidade de Lisboa o libro que editou no que recolle unha escolma de trinta traballos de Elsa Gonçalves. O acto serviu para render tributo á profesora portuguesa, figura sobranceira da investigación da nosa lírica trobadoresca

A Academia apoia que o aeroporto da Lavacolla leve o nome de Rosalía de Castro

20/01/17 |
A institución manifestou a súa "adhesión entusiasta" á proposta do grupo municipal de goberno de Santiago de Compostela, que saíu adiante no pleno de onte por unanimidade. A corporación instará a Fomento e a AENA a cambiaren o nome destas instalacións aeroportuarias
Dicionario

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar