Presentación do Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos

Paul Bilbao, secretario xeral do Kontseilua, a entidade responsable da comisión de seguimento do Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos; a profesora Pilar García Negro, membro do comité científico do documento; e Marcos Maceira e Xela Armas, presidente e responsable comarcal na Coruña da Mesa pola Normalización Lingüística -unha das entidades que o asinaron-visitaron hoxe a Real Academia Galega para lle presentar ao presidente da institución, Víctor F. Freixanes, este texto promovido por distintas asociacións que representan preto de trinta linguas minorizadas de toda Europa.

Pola esquerda, Xela Armas, Fina Casalderrey, Víctor F. Freixanes, Pilar García Negro, Marcos Maceira, Marilar Aleixandre e Paul Bilbao. Autor: RAG


O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, a tesoureira, Marilar Aleixandre, e a arquiveira-biblitecaria, Fina Casalderrey, mantiveron unha xuntanza con Pilar García Negro, Paul Bilbao, Marcos Maceira e Xela Armas centrada no Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos, dado a coñecer o pasado mes de decembro en Donostia. O documento toma como punto de partida o principio de que os dereitos lingüísticos son individuais e colectivos e enumera 185 medidas para protexer o cumprimento da Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos (1996), e que abranguen desde os ámbitos da educación e da comunicación ao socioeconómico e o da administración pública.

O protocolo establece a constitución dunha comisión de seguimento para supervisar a súa aplicación de cuxo secretariado é responsable o Kontseilua, e do que tamén forman parte o European Centre for Minority Issues (ECMI), o CIEMEN, Linguapax International, a European Language Equality Network (ELEN), a Unrepresented Nations and People Organisation (UNPO) e o PEN Internacional. O galego é unha das linguas obxecto de atención xunto ao éuscaro, catalán, bretón, tártaro, galés, húngaro, irlandés, saami ou occitano.

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Luns 3 de xullo de 2017 / 12:30 h
Inauguración dos XXX Cursos de lingua e cultura galegas en Santiago

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 376

Boletín da Real Academia Galega
nº 376

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar