Ver exemplos
Ver marcas expandidas
Busca preditiva
Axuda na busca avanzada
A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.
De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:
Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.
Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.
Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.
Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.
A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.
Resultados ()
Número de resultados máximo 500, refina a túa busca.
Non se atoparon resultados nesta busca.
Este termo non se encontra no dicionario.
Non existen sinónimos para esta palabra.
Prema aquí para volver á busca anterior.
píllara substantivo feminino1 Ave limícola de plumaxe gris ou parda na parte superior e xeralmente branca na parte inferior, de patas curtas e ás rematadas en punta, da que existen diversas especies. As píllaras son máis pequenas ca as gaivotas. FRASES E EXPRESIÓNS CON píllara Píllara cincenta (Pluvialis squatarola) Ave da familia dos carádridos, coa plumaxe agrisada na parte superior e abrancazada na inferior durante o inverno e co peito e ventre negros no verán. A píllara cincenta atópase no litoral galego na primavera e no outono. Píllara dourada (Pluvialis apricaria) Ave da familia dos carádridos, coa plumaxe dourada con pencas escuras na parte superior e branca con pencas douradas na inferior e unha zona negra no peito durante o verán. Vimos unhas píllaras douradas na braña. Píllara papuda (Charadrius alexandrinus) Ave da familia dos carádridos, coa plumaxe amarelenta na parte superior e branca na inferior, peteiro e patas negros e, nos machos, unha banda negra na fronte e nos laterais dos ollos e do pescozo. A píllara papuda fai os niños na area. Píllara real (Charadrius hiaticula) Ave da familia dos carádridos, coa plumaxe castaña na parte superior do corpo, branca na inferior, bandas negras na cabeza e arredor do pescozo, e patas e peteiro amarelos. Había unha píllara real entre as dunas. Píllara riscada (Arenaria interpres) Ave da orde dos caradriformes, coa plumaxe parda na parte superior do corpo e branca no inferior, co peito e parte da cara negros e bandas brancas nas ás e no rabo. A píllara riscada vese no litoral rochoso.
Sobre o dicionario da Real Academia Galega
Este dicionario establece a norma da lingua galega no referente ao léxico. Aquí poderás atopar a ortografía normalizada de case 60.000 artigos lexicográficos e os seus significados, así como información importante sobre a pronunciación, as propiedades gramaticais, os sinónimos, os antónimos, o rexistro, e outros datos útiles para o uso correcto da lingua.
Actualizacións
O Seminario de Lexicografía da RAG actualiza de maneira continuada este dicionario para achegar un coñecemento máis preciso do léxico. As novas voces e modificacións pódense consultar na pestana de Actualizacións do menú superior.
Información
Escoita a pronuncia das palabras, consulta a conxugación de todos os verbos e descubre as características gramaticais de cada unha das entradas do dicionario (categoría, xénero, réxime verbal, fraseoloxía etc.)