A RAG aborda no congreso da AIEG as ferramentas TIC para preservar a toponimia

A toponimia de Galicia representa un tesouro cultural excepcional transmitido oralmente xeración tras xeración. Pero nos últimos tempos esta cadea de transmisión estase a romper pola transformación dos modos de vida tradicionais e o despoboamento do medio rural. Entre as estratexias para protexelo e divulgalo, "agora temos ao noso alcance o uso das novas tecnoloxías", expón Vicente Feijoo, membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega. O especialista presentou onte as novas ferramentas informáticas nas que se está a traballar para salvagardar este rico patrimonio no XII congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos, que se celebra estes días na Universidad Complutense de Madrid. Na mesma xornada, Lidia Gómez, colaboradora do Seminario de Sociolingüística, analizou o papel da familia na transmisión da lingua na xeración posmilenarista.

Lidia Gómez e Vicente Feijoo durante os relatorios que impartiron no XII congreso da AIEG. Fonte: RAG


Vicente Feijoo presentou a aplicación Galicia Nomeada, concibida para salvagardar de forma colectiva a microtoponimia, e RevisiónNG, centrada na normalización dos topónimos, entre outras ferramentas como o buscador de topónimos do portal Toponimia de Galicia. Tamén exemplificou as utilidades prácticas desta base de datos toponímica xeorreferenciada para a comunidade investigadora, a Administración pública e a sociedade en xeral.

O especialista do Seminario de Onomástica interveu na primeira xornada do congreso, que arrincou coa conferencia inaugural a cargo do presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes. O programa de onte contou tamén co relatorio da colaboradora do Seminario de Sociolingüística da RAG Lidia Gómez, que analizou o desprazamento lingüístico na xeración posmilenarista e o papel da familia neste colectivo. Os traballos deste seminario amosan que, se ben a familia segue a ser un contexto de grande importancia desde o punto de vista lingüístico, esta atópase inmersa nun proceso de reconfiguración que unido á incorporación doutros axentes na socialización inicial dos cativos e cativas "poden estar relacionados cunha maior vulnerabilidade aos procesos de desprazamento da lingua galega na infancia".

Dicionario
Axenda de actos Ver todos
Venres 16 de novembro de 2018 / 20:00 h
Charla da campaña Toponimízate en Moaña
Mércores 21 de novembro de 2018 / 16:30 h
Charla da campaña Toponimízate en Miño
Venres 23 de novembro de 2018 / 17:30 h
Charla da campaña Toponimízate en Parada de Sil
Martes 27 de novembro de 2018 / 13:00 h
'Toponimízate' chega a Cospeito
Martes 27 de novembro de 2018 / 16:30 h
Simposio María Victoria Moreno
Mércores 28 de novembro de 2018 / 16:30 h
Simposio María Victoria Moreno
Venres 30 de novembro de 2018 / 19:00 h
Charla da campaña Toponimízate en Cariño

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 378

Boletín da Real Academia Galega
nº 378

Consultar

Cadernos de Lingua
nº 36

Consultar