As Irmandades e a renovación teatral, a debate en Pontevedra

27/09/16 |
O ciclo sobre o movemento centenario chega ao Museo de Pontevedra con Euloxio R. Ruibal, Laura Tato Fontaíña, Carlos Caetano Biscainho e Inma López Silva. A mesa celébrase este xoves, 29 de setembro, a partir das 19.30 horas no Edificio Sexto, onde aínda se pode ver a exposición sobre as Irmandades

Unha cátedra arredor de Galicia feita ás dúas beiras do océano

26/09/16 |
A RAG acolle a presentación a este lado do Atlántico da Cátedra Galicia-América da Universidad Nacional de San Martín (Arxentina). O académico Manuel Rivas é un dos impulsores deste novo espazo das relacións culturais coa emigración como "célula nai"

Visitas guiadas á exposición do centenario das Irmandades da Fala

22/09/16 |
O Museo de Pontevedra ofrece estes percorridos os mércores e os venres ás 18 horas. Para participar non é preciso inscribirse previamente. A mostra permanecerá en Pontevedra ata o vindeiro 2 de outubro

A RAG recibe un grupo de estudantes do instituto Santiago Apóstolo de Buenos Aires

21/09/16 |
Os mozos e mozas puideron coñecer hoxe a historia da Real Academia durante unha visita á sede da institución. O alumnado do centro bonaerense foi recibido na rúa Tabernas, 11 polo presidente da RAG e o secretario

Os Premios da Cultura Galega distinguen a Queizán, Zernova, Sarabela Teatro e a Irmandade Xurídica

20/09/16 | Son recoñecidos nas modalidades de Letras, Artes escénicas, Proxección exterior e Lingua, respectivamente. O Museo de Pontevedra, Miguel Fernández-Cid, Numax e Maximino Zumalave completan a relación de galardoados

Camiños para salvar a microtoponimia, un labor colectivo sen máis tempo que perder

19/09/16 |
A Xornada de Onomástica Galega serviu de intercambio de ideas e de espazo de reflexión para impulsar a recolleita dos nomes de lugares tradicionais, auténticos arquivos da historia máis próxima e unha das nosas grandes riquezas inmateriais

O Museo de Pontevedra acolle ata o 2 de outubro a exposición das Irmandades da Fala

15/09/16 |
A mostra abriu onte as súas portas cunha melodía composta polo 'irmán' pontevedrés Manuel Quiroga interpretada cun dos seus violíns, unha das máis de cen pezas expostas

A RAG lamenta o pasamento de Fernando Acuña Castroviejo

13/09/16 |
Membro correspondente desta institución desde 1972, o catedrático foi un destacado experto en arqueoloxía da época romana e un dos fundadores do Museo do Pobo Galego

Unha xornada para promover o rescate urxente dos microtopónimos

9/09/16 |
O Museo de Pontevedra acolle o 17 de setembro a Xornada de Onomástica Galega, na que se presentarán experiencias de recollida de nomes de lugares na procura de nova colaboración cidadá interxeracional

A mensaxe de Porteiro Garea aos galegos emigrados

6/09/16 |
A sección das Irmandades da Fala nos fondos da Academia incorpora o folleto do político e catedrático de Dereito, publicado en 1918, no que se dirixe aos "americanos"
Axenda de actos Ver todos
Xoves 29 de setembro de 2016 / 19:30 h
Mesa de debate sobre o teatro no tempo das Irmandades da Fala

Novas da Academia

Subscríbete

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Descargar

Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Consultar

Hemeroteca Virtual Galicia nas páxinas dos seus xornais.

IR

Cuberta do Boletín 375

Boletín da Real Academia Galega
nº 375

Descargar

Cadernos de Lingua
nº 35

Descargar