AVILÉS DE TARAMANCOS NALGUNHAS PUBLICACIÓNS P E R I Ó D I C A S , R E V I S T AS E XORNAIS Xavier Castro Rodríguez
O desexo de facerse poeta foi axiña, para Antón Avilés de Taramancos, algo máis que unha utópica arela. Nos anos escolares comezou a medrar nel un singular entusiasmo que callou nos primeiros versos xuvenís que non caeron na indiferencia da crítica e que sorprenderon e engaiolaron ós amigos e poetas, moitos deles xa consagrados, do seu contorno. Logo dos anos de mocidade na Coruña, onde faría algunha incursión no terreo da escrita en castelán, Avilés decide, coa rotundidade de quen sabe o que desexa de alí en diante, acoller o galego como idioma de creación. Con seguridade, nesta determinación, tería moita importancia aquel xuramento de Laracha onde o poeta de Taramancos xunto con Xohán Casal, Enrique Iglesias e Reimundo Patiño, propoñen a decisión de futuro da defensa da terra e do idioma. O creador deixaría testemuño desta circunstancia nun artigo publicado en A Nosa Terra (núm. 276, 14IX85) e titulado ?Na morte de Reimundo Patiño. Soñar en Vegliota?:
Eu vía pasar aos tres mosqueteiros ?que eran catro Xohán Casal, Enrique Iglesias, Eduardo e máis Reimundo Patiño, e soñaba que o exército da nosa liberación estaba en pé. Funme convosco para sempre. Desde o xuramento de Laracha, cántas voltas no reducio da vida. Naquela noite do 1954 veláramos as armas e fixéramos do lume e dos montes pondalianos a testemuña da nosa adicación até a morte, folgo a folgo, por unha Galiza ceibe e popular.
A xénese do rapaz que se ía facendo poeta debemos procurala á beira doutro importante escritor (muradán de nacemento e noiés de acollida) que foi Manuel Fabeiro Gómez ?Manolé? (19161992), insigne colaborador co poemario Follas de un arbre senlleiro (1951) naquela fundamental colección de poesía, ?Benito Soto?, nacida en Pontevedra por volta dos anos 50. Manuel Fabeiro avivou en Antón Avilés a idea de que nel había cerne de boa lírica e deulle ánimo e apoio para afrontar a vida literaria que o mozo de Taramancos enxergaba no horizonte. Cando Avilés tiña quince anos, Manuel Fabeiro era codirector, xunto con Andrés Rodríguez Millares, da revista Tapal, publicación local noiesa que se editou entre 1950 e 1955, da que se tiraron nove números e na que colaboraron numerosas personalidades da cultura galega como Otero Pedrayo, Manuel María, Leandro Carré Alvarellos, Rey Romero, Ramón Piñeiro, Villar Ponte, Castroviejo, San Luís Romero, Fernández del Riego? Foi así como, aquela oferta de ?Manolé? cara a Antón Avilés, callou axiña; no núm. 2 de Tapal (decembro de 1950, páx. 8) un rapaz de catorce anos iniciaba a súa andaina lírica cun pequeno poema de 18 versos, sen título, que comezaba así: ?Eu non sei que tendes / Ou terras de Noia?, un poema homenaxe á terra e á realidade das
155 Nº 364