Axuda do Buscador

Para realizar as buscas utilízase o buscador Lucene. Este buscador é de uso libre e gratuíto e está configurado para realizar procuras sobre calquera documento en PDF, texto, html e textos contidos nas páxinas do portal, a condición de que o usuario teña acceso a esta información.

A busca pódese realizar nun campo concreto ou en varios á vez.

Non se ten en conta o uso de maiúsculas ou minúsculas, caracteres acentuados ou sen acentuar.

Certos grupos de caracteres tales como artigos, preposicións e números, son considerados elementos de busca e tidos en conta a efectos de alfabetización.

As consultas sobre o buscador poden utilizar termos e operadores. Os termos pódense usar de forma independente e os operadores deben empregarse conxuntamente con termos.

Pódense usar termos simples como "libro", "poesía", etc. ou ben frases máis complexas como "Día das Letras Galegas". No caso de introducir frases enteiras deben estar delimitadas por comiñas duplas.

É posible combinar termos e operadores para realizar procuras máis complexas.

Combinar operadores e termos

Ao realizar as buscas pode utilizar operadores booleanos combinados con termos ou frases. Os operadores booleanos permitidos son:

  • OR: Permite combinar dous ou máis termos para realizar unha procura. Este operador devolve resultados satisfactorios cando se encontra algún dos termos da condición. Por exemplo, con este operador poderiamos buscar os textos que conteñan algún dos termos da condición "poesía galega" OR Rexurdimento.
  • AND: Permite combinar dous ou máis termos para realizar unha busca. Neste caso deben existir todos os termos da condición para que a busca devolva resultados. Por exemplo, con este operador poderiamos procurar os textos que conteñan os termos da condición "poesía galega" AND "Rexurdimento".
  • NOT: Este operador devolve como resultado os textos que non conteñan a frase ou termo indicado a continuación do operador NOT. Por exemplo, se introducimos "poesía galega" NOT "Rexurdimento" devolverá todos os textos que conteñan o primeiro elemento pero non o segundo.

Buscas con comodíns

Lucene admite procuras de termos simples con un ou varios comodíns. A listaxe de comodíns dispoñibles é a seguinte:

  • "?": Substitúe calquera carácter na posición en que se introduza.

Ex: Se introduce "c?usa" o buscador podería devolver como resultado textos que conteñan as palabras cousa e causa.

  • "*" : Substitúe calquera cadea de caracteres a partir da posición en que se atopa.

Ex: Se introduce "c*usa" o buscador podería devolver como resultado textos que conteñan as palabras cousa e causa. Se introduce cas* o buscador devolveralle textos que conteñan as palabras casa, caseta ou casiña.

Nota: Non é posible utilizar os símbolos "*" ou "?" como primeiro carácter do termo.

Buscas por proximidade

Lucene admite a localización de palabras que estean separadas por unha distancia determinada. Para realizar buscas de proximidade pode utilizar o til de nasalidade (símbolo ~) na fin dunha frase.

Ex: Para localizar nun documento "terra" e "Galicia" con 10 palabras de distancia entre cada unha delas pode usar a expresión "terra Galicia" ~ 10.

Buscas exactas

Lucene ofrece a posibilidade de facer buscas exactas. Para poder facer unha consulta exacta basta con pór o texto que queremos buscar entre comiñas dobres (").

Ex: Se buscamos por título: "Constitución academia", devolveranse só aqueles artigos que conteñan a oración proposta.

Outras observacións

As datas consignadas nos Documentos Históricos corresponden ao ano de redacción de cada texto, e non ao ano de publicación no Boletín.

Nos Documentos Históricos o autor a quen se lle asigna cada texto debe considerarse o transcritor ou editor do documento.

A pesar de haber Boletíns que poden incluír varios números consecutivos (ex. 51-52), ao facer unha busca pola numeración do Boletín só se pode introducir un número concreto (ex. 51 ou 52, pero non 51-52).