BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
de indios no século XX por representantes da oligarquía colombiana, a exaltación da revolución emancipadora e a loita guerrilleira das FARCEP, o asoballamento padecido pola minoría afrocolombiana... Avilés ofrécenos unhas calas na historia de Colombia e América valéndose de seis personaxes tipo: o mariño descubridor, o conquistador, o indíxena, o misioneiro, a escrava negra e o heroe da independencia. Ao outorgarlle ao seu volume de relatos o título xeral de Nova crónica das Indias, Avilés de Taramancos non fai outra cousa que advertir sobre a posta en práctica das súas teorías sobre a literatura latinoamericana que expuxera no artigo ?De Bolombolo a Macondo ?a rota máxica da crónica?. De feito, vincula directamente as súas narracións coa produción cronística dos séculos XVI e XVII: a clasificación xenérica das obras é unha das funcións habituais dos títulos e subtítulos. Malia as indubidables fontes cronísticas utilizadas por Avilés, os catro capítulos que sitúa nos tempos da conquista de América poden ser cualificados acaidamente de vies imaginaires; é moi probable que nunca chegase a ler o volume de relatos deste título que Marcel Schwob (18671905) publicou en 1896, pero si obras inspiradas na do simbolista francés, como son Historia Universal de la Infamia (1935) de Jorge Luis Borges ou El reino de este mundo (1949) e El siglo de las luces (1963) de Alejo Carpentier42. Ao igual que nestes volumes dos mestres americanos, en varios relatos de Nova crónica das Indias estamos en presencia de biografías imaxinarias, xa que se Marcel Schwob inventaba vidas de personaxes reais dos que practicamente non quedara nada rexistrado, o poeta galego ocúpase de figuras históricas das que se posúen moi poucos datos documentais ou resultan case descoñecidas polo lector galego medio. En cambio, os textos de carácter autobiográfico que narran viaxes realizadas por Avilés a varios puntos da xeografía colombiana obedecen á estética do relato de aventuras, pois desenvolven temas tópicos deste subxénero novelesco, como poden ser a viaxe ao interior da selva, co conseguinte combate con feras e comunicación con indíxenas, e mais a viaxe ás illas do Caribe cos motivos dos piratas e dos tesouros agochados. Desde a súa mesma aparición, Nova crónica das Indias foi apreciado como un libro ?anti V centenario?43 pola impugnación que contén da ideoloxía destinada a defender a conquista de América, denominada por Miquel Izard ?leyenda apologética y legitimadora? (Lal), que xerou o nacionalismo español e que ?devino uno de los pilares del credo franquista y volvió a eclosionar a raíz del V Centenario?44. Para este historiador catalán, a ?Lal? é un:
...discurso forjado por transgresores para falsificar el cariz de la conquista, enfatiza que los castellanos, en rauda gesta, cacareada como civilizadora, modélica, ineludible o positiva, ocuparon todo el continente. Abusa del elogio al hablar de los asaltantes, a la vez que sataniza las víctimas, desconcierta sobre el papel de la Iglesia o el cumplimiento de la legislación fraguada para neutralizar la algarabía que conmovió Europa al conocerse algunas denuncias de la infamia, la mayoría de ellas propaladas por sacerdotes de la misma Castilla.45
Nº 364
60