Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
para atender e para entender. Sei que os restos de froita que atopo no chan despois do teu almorzo son de papaia, de mango ou de badeia. Sei de peixe bagre e da carne pegada aos ósos do armadillo, doce coma o mel, ou da danta montesía con sabor a porco bravo.41
Abundan os termos que fan referencia aos diferentes pobos indíxenas, tanto do presente como do pasado: muiscas, quimbaias, panches, calimas, natagainas, cuiba, inírida, ialcóns, cambis, ianaconas, paeces, taironas, guambianos, aguaruna, xíbaro. A atención á paisaxe que presta nalgúns capítulos obrígao a incorporar substantivos que designan elementos da flora característica do país: samán, guanábana, ceibo, mandioca, guaiaco, ñame, combuses, anón, chirimoia, papaia, pitahaia, caoba, uchuva, totuma, xacarandá, guadua.Tampouco non faltan os nomes de animais propios desa contorna física: anaconda, güió, xaguaruna, nigua, xacaré, manatín, surubí, puma , turpial, perú, guagua, iguana, caimán, kikuios. Menos frecuentes son os termos relativos a comidas e bebidas, como arepa, cazabe, chicha, guarapo. Avilés de Taramancos evitou a tentación dun apéndice lingüístico como en obras da literatura latinoamericana rexionalista das primeiras décadas do século pasado. Cando bota man de varios indixenismos, case sempre os agrupa en campos semánticos, co que favorece a comprensión do sentido global do texto por parte do lector:
O indio vive do río, da trampa de cazar, da calor e da chuvia que a natureza pródiga fornece nesta inmensa gándara onde habitan o tapir e o armadillo, o borugo e a danta, o urso palmeiro e a infinidade das aves, as iguanas de ovos doces ao paladar, o caimán e as serpes, a guagua de carne branca que é un mancar no rescaldo do lume ou na borralla. (p.47) Pode servirse tamén de imaxes para amortecer o carácter exótico do americanismo: ?selva tépeda de grandes árbores, de humidade atafegante onde reloce a catleia, esa orquídea delicada; e o anturio vermello é como ascua no fondo da escuridade. (p.35)
Os capítulos de temática americana de Nova crónica de Indias veñen encadrados por dous textos de carácter autobiográfico. No primeiro, de catro unidades e sen título, describe a súa familia e os eidos e remata co abandono de Taramancos aos 15 anos ao trasladarse a estudiar náutica á Coruña. A segunda parte dese marco leva o título de ?O regreso de Ulises Fingal?, e nela nárrasenos a volta do protagonista a Noia xa provisto da máscara que lle tomara emprestada ao seu amigo Urbano Lugrís: novos episodios da fusión mítica coa figura de Ulises (a meiga Circe, o descenso aos infernos para falar coas sombras tutelares de Rosalía, Pondal e Curros, a moza Nausikaa, Ítaka e o certame do arco). No interior deses lindes narrativos, Avilés de Taramancos distribúe, non sempre de forma alternada, textos que versan sobre a historia de Colombia con semblanzas de personaxes que el coñeceu e mais con viaxes a determinados lugares do país. O compromiso ideolóxico do noso escritor que viamos na produción xornalística tamén se acha ben presente neste volume ao privilexiar a resistencia indíxena aos conquistadores, a denuncia da opresión da Igrexa simultánea á cristianización, as masacres
59 Nº 364