BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
(p.22), ?E son agora a pobre ruína do animal prepotente e bravío que sa fai sumiso, reo agrilloado, can esfameado do escravo que antes sometera? (p.23), ?para ser can que ten unha man que lamber aínda que na outra ergas o vergallo? (p.29), ?son agora o teu escravo cego, o teu can descoidado? (p.29). A súa vida de prisioneiro xira ao redor de Gaitana, ?centro da miña sensación de vivir? (p.16), e agarda as reaccións dela coa secreta esperanza de que teña a ben descargar sobre el o golpe definitivo que o libere de vez. Comeza recoñecendo que na súa vinganza a voz de Gaitana ?soa humana, agarimosa, única no meu universo aterrador? (pp.1718) para acabar expresándolle o seu amor, nunha reacción psicolóxica de autoprotección que nos fai pensar na chamada actualmente síndrome de Estocolmo:
...son o namorado que pousaría no teu oído as verbas máis cálidas, as de ir debullando o amor ata que o teu corazón amolecera como un froito que se pode beber. ¡É tanto o degaro dunha caricia, do agarimo no confín da desgracia e no confín do pranto! Ámote desde esta cousa insignificante que eu son, e ese xesto teu, esa man alzada que se detén e non me fere sela no meu segredo un purísimo amor que non florece. (p.30)
O Pedro de Añasco da ficción morre canda Gaitana, no único contacto físico que logra manter con ela na súa condición de cativo:
Chegas pausada, altiva, ameazante na mesma pracidez dos andares e é entón cando o medo me impulsa e abrázome ao teu van nun xesto ousado e sinto por vez primeira o teu corpo enteiro a vibrar, no esforzo de zafarse; apreixo as túas nádegas furiosas, os peitos amplos aínda firmes, os ombros redondos e a túa garganta esguía de xaguar perseguido; poño freo ao teu brazo que me busca e digo o teu nome en lingua brava, Gaitana, digo o teu nome vinte veces mentres me feres co coitelo nos riles e eu reviro furioso a mesma arma contra o teu ventre espido e penetro, penetro, louco xa como se penetrara o teu corpo carnalmente, o teu corpo de améndoa. Ese degaro.(pp.3435)
Dalgún xeito, a sorpresa argumental que Avilés reserva para o remate do conto vólvese contra a coherencia da construción psicolóxica da personaxe ou a autenticidade do discurso do protagonista nas súas declaracións amorosas. Antes de que a dese a coñecer no relato extenso de Nova crónica das Indias, Avilés xa inserira a figura da cacica Gaitana na relación de mulles da realidade e da ficción literaria con que quere probar no artigo ?De Bolombolo a Macondo? a súa tese sobre o carácter exótico do romanticismo en Latinoamérica e da continuidade entre as crónicas da conquista e a grande literatura do século XX. Á beira de Gaitana xorden as amantes de Hernán Cortés (dona Marina ou ?Malinche?), do vicerrei do Perú Manuel de Amat y de Junyent (a bailarina Micaela Villegas ou ?Perricholi?) e de Simón Bolívar (Manuela Sáenz), así como as protagonistas femininas das novelas de ValleInclán (Sonata de verano 1903), Rómulo Gallegos (Doña Bárbara 1929), Jorge Isaacs (María 1867) e José Mármol (Amalia 18511855): ?Hai unha confluéncia que vai de Malinche a Niña
Nº 364 66