Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
A dimensión testemuñal e mesmo autobiográfica do poema xorde na parte central, como nolo proba o feito de que se mencione tanto a avenida en que o escritor tivese trato persoal con algún dos cantantes e músicos da relación onomástica. Ao centrar a súa atención na descrición da vida musical das noites caleñas, a muller protagonista pasa a ocupar por momentos un segundo plano, aínda que permaneza inserida na homenaxe do autor á salsa e aos ritmos propios de Colombia mediante o baile. Avilés volve poñer de manifesto a súa capacidade para interpretar as realidades cotiás máis diversas desde unha perspectiva mítica ao presentar o frenesí da vida nocturna de Cali como actos amparados pola man do deus Dionisos:
[...] Ningunha noite tan fermosa como a noite de Cali. Dionisos unxía os corpos dun frenesí inesgotábel e a danza era un rito iniciático unha ceremonia necesária: algo impercetíbel movía as células, os ósos, a urdime máis profunda do ser. Noralba estaba na súa hora estelar. O seu pequeno pé tecía o ritmo dos tambores do mapalé da cumbia do currulao ou o son imortal de Celia Cruz, de Miguelito Valdés ?Mister Babalú, de Daniel Santos o anacobero, da Sonora Matancera, da gran orquestra de Pacho Galán e o merecumbé, de Alberto Beltrán ?o Negro do Batei, de Roberto Ledesma e Bienvenido Granda ?o bigode que canta. Era tamén a hora de Jimmi Boogaloo, o gran chaman da salsa brava, do complicado de Avianca, do negro Watusi e de María loura como un anel que danzaban ate morrer. Unha man de xigante zumbaba no pelexo infindo da noite... (2627)
O poeta trata de fundir as imaxes de sensualidade e inocencia da personaxe evocada mediante sensacións olfactivas e o símbolo da rosa. A simple presencia de Noralba nos espectáculos musicais sacraliza a noite caleña; de aí que as súas relacións eróticas co suxeito lírico adquiran o valor dun rito relixioso:
Noralba estaba perfumada, fresca no medio da voraxe as copas 32A do seu sostén St. Michel tiñan o aroma misturado de áloe e marfín cru. O seu sexo, vivo como unha rula en primavera, exalaba o arrecendor intransferíbel da vida. Toda ela era unha rosa de babilónia perfeita de inocéncia. Ao seu carón a vida collía un rumbo sobrenatural e a noite era sagrada; saíamos do seu templo luídos como un seixo. O noso corazón era un altar. (27)
A terceira parte do poema aparece dividida en dúas unidades estróficas. Na primeira descríbese a morte de Noralba como a destrución da beleza floral:
105 Nº 364