Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Andes a agonizar desde a irrupcións dos conquistadores, pero aínda lle quedan forzas para estremecer as montañas:
Acaso os alicerces da beleza estaban cimentados nun deus triste, agoniante aínda, acribillado de alabardas, magoado, ferido de arcabuz e ferradura ¡miña outra pátria sempre violada!. Desde o fondo dos Andes o seu ollo sen pálpebras fura o centro do sol e deixa o tempo estático un istante. (22)
O cataclismo percíbeno primeiramente certos animais, pero onde atopamos a auténtica creación poética de Avilés que impide unha visión estereotipada da catástrofe é na animalización da rosa para simbolizar o terror da natureza durante o terremoto. Propio da poesía do escritor galego foi sempre a rotundidade das imaxes sobre a natureza, teñan ou non un fundamento racional; nesta ocasión vai equiparar a fraxilidade da cidade andina ante as forzas telúricas desatadas coa dunha nave no medio dunha tormenta. Nesta unidade terceira xa se fai a transición do imperfecto ao presente histórico para dar paso á segunda parte do marco compositivo:
Despois o vento espeso sostén todo o silencio e presíntese nos bichos a fuxir o cataclismo. O can máis áxil é fervenza imóbel, e no epicentro do terror a rosa escura abre a súa corola de pánico e brúa. A cidade é un navío na crista da galerna. Aquelo que foi cúpula no ar guinda no chan aínda un despoxo altivo unha branca reliquia apavorada. (23)
4.2.3. ?Canto de Noralba Timbacoi ?hino órfico? Tras o poema sobre Popaián, Avilés elabora o único texto ambientado na cidade de Cali, ?Canto de Noralba Timbacoi ?hino órfico?, que asina o 15 de decembro de 1984 e constitúe unha das composicións máis ambiciosas e complexas do volume. Nesta ocasión a realidade cantada non é a paisaxe, senón a música tropical, que ten na capital do departamento do Valle del Cauca o principal centro difusor en Colombia. O poema está dividido en tres partes unidas polo personaxe feminino celebrado segundo un esquema biográfico: as tres partes corresponden ao nacemento, esplendor e morte de Noralba Timbacoi. Na súa edición comentada de Cantos caucanos, o poeta noiés Martín Veiga aclara que esta figura feminina é unha literaturización de Noralba Espinoza de Acero, ?unha amiga de Avilés que morreu en accidente de autobús preto de Cali, na perigosa estrada
103 Nº 364