Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
... baixo das estrelas Un son quente de bambucos No seu piano de Viena. (40)
Hase de ter en conta que o bambuco é considerado ?como el hecho musical que identifica la nacionalidad colombiana?97, pero ningunha das modalidades rexistradas en Colombia se executa ao piano. O fío narrativo existente non parece que teña outra finalidade máis que a de exaltar diferentes xéneros musicais colombianos. O bambuco queda salientado pola posición que ocupa no remate do poema e polo epígrafe, mais non debemos desdeñar o interese do poeta en facer inscribir o nome do 'currulao', 'guabina', 'xoropo', 'bunde' e 'tamborera'. 4.2.10. ?Canto cenital do Tolima grande ?na fronteira? No penúltimo poema de Cantos caucanos, que data cando o soneto final o 13 de xaneiro de 1984, Avilés sae de novo da rexión do Cauca. Volve dividir a composición en oito unidades estróficas cun número variable de versos máis unha cita final, que corresponde á metade do verso inicial do bambuco ?Ibaguereña?, reproducido na edición de Cantos caucanos preparada polo tamén poeta noiés Martín Veiga. Se na canción ?Chachahuí? eran os cóndores as aves que delimitaban a altitude da localidade loada, neste poema sérvese das ?aguias no abismo? para deixar constancia do punto de vista ?cenital? adoptado para describir o novo espacio xeográfico. No cadro paisaxístico da primeira parte sobresaen as notas luminosas, que veñen dadas por adxectivos, substantivos e mesmo verbos:
Da pousada, no alto, vense brillar as terras do Tolima, apercébesese unha grande extensión iluminada debaixo da obsidiana iridiscente das irtas cumes xeadas. Lux perpetua. A gran planura de xerxolín reververa, e as mangueiras oferecen o seu froito na beira dos camiños. A quietude é un espello total, ilimitado, rodeado da púrpura da serra. (41)
E tras a lección de xeografía, a lección de historia. Agora xa non é o río Cauca, senón o Magdalena que remontou en 1536 o conquistador Gonzalo Ximénez de Quesada á fronte dunha expedición duns 900 homes que lle entregara o gobernador de Santa Marta Pedro Fernández de Lugo ata dar co pobo 'muisca' na meseta de Cundinamarca. Un tercio desa enorme expedición embarcou en cinco naves, pero o tempo117 Nº 364