BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
A nena do facendeiro quer un piano de Viena A nena do facendeiro Do facendeiro De Anserma. ¿Quen ha de traer piano En tren, en barco de vela? ¿Quén ha de traer piano A nena do facendeiro De Anserma? As morrocotas de ouro fan o miragre: A goleta Cruza o Océano Atlántico Chega ao porto de Bruxelas, Vai a buscar o piano Da nena Do facendeiro De Anserma. (39)
Desde o punto de vista exclusivamente temático, obsérvanse dúas partes ben diferenciadas. Na primeira, formada polas catro primeiras estrofas, a filla do facendeiro da cidade de Anserma, que gusta da música de Beethoven, desexa un piano de Viena. Gracias á fortuna, a familia envía a Bruxelas unha goleta para buscar o piano. Na segunda parte, en cambio, o protagonismo recae no instrumento musical, que cobra vida e vai ir asimilando polas cidades os diferentes ritmos. En Budapest aprende ?danza secreta? e en París, ?a valsar?, mentres que gracias aos mariñeiros da goleta coñece a ?habanera?. Cando chega ao territorio colombiano, aprenderá os ritmos propios dos grupos étnicos e rexionais que compoñen a nación:
Negros de Buenaventura Tocan tambor na ribeira. O piano Colle un tento De currulao que arrabea. Os arrieiros de Caldas Suben piano. Cautela! Moito monte para arriba Suben piano de Viena; Cantan guabinas, xoropos, Cantan bunde e tamborera: Ai a nena Do facendeiro De Anserma. (40)
A contraposición entre a música culta de Europa e a popular de Colombia ponse particularmente de manifesto na última estrofa, na que atopamos a filla do facendeiro tocando:
Nº 364 116