Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
e a cantiga dos rudes montañeses arrebenta desde o fondo do mato. Un hino no estrépito do día. Dos camiños de Armenia, do Quindío, chega o chiar dos carros, o bufar dos machos carregados, o apeiraxe. E queda esa luz do día como un istante único no que as mans e o cántico comenzan a tarefa. (37)
A primeira unidade poemática remata coa mención dos produtos tropicais cultivados nas terras de Caicedonia: o café, os plátanos, os ananás e a cana de azucre. O peculiar da poesía de Avilés é a capacidade de transcender a mera descrición paisaxística a prol da dimensión simbólica. Deste xeito, as voltas que dá o boi a mover a roda do trapiche sérvenlle para salientar o valor da vida da natureza. 4.2.9. ?O piano? Tanto nas orixes da literatura grega ?lírica non era senón unha canción cantada ao son dunha lira como das diferentes literaturas romances, apréciase moi ben a unión íntima que mantiveron a música e a poesía, a melodía e a palabra. Ao desaparecer a imbricación da música coa poesía, esta conservou durante moitos séculos como elementos musicais o ritmo e a rima. Habería que agardar ao simbolismo para atoparmos a un poeta como Verlaine que procurase achegar outra vez a poesía por medio de novos efectos sonoros no verso, adaptados logo por Manuel Machado e Rubén Darío. Na poesía colombiana quen mellor asimilou a lección do poeta francés foi o singular vangardista León de Greiff, tan admirado por Avilés de Taramancos. O poema de Cantos caucanos que mellor explota, no ronsel de León de Greiff, os diferentes elementos rítmicos e musicais do verso é ?O piano?. O soneto ?Fórmula secreta do sancocho do Cauca? e ?O piano? son os únicos poemas do volume que conservan rima e metro. ?O piano? leva a data do 12 de xaneiro de 1984 na edición privada de Cantos caucanos, na que non figura o epígrafe de ?Bambuco?, que acentúa non só o núcleo temático, senón tamén a dimensión musical da composición. ?O piano? consta de oito unidades estróficas que agrupan de 4 a 9 versos sen obedecer a ningunha estructura tradicional. Os versos, algúns dos cales presentan rima en asoante sen ningunha regularidade, oscilan entre as 3 e as 16 sílabas, pero todo o poema está construído sobre o patrón do octosílabo, pois o de 16 é susceptible de descompoñerse en dous de 8 e o de 13 constitúe dous octosílabos se se lle engade o de 3 sílabas que segue; o mesmo acontece con secuencias de versos de 5+3 e 3+5. De todos os xeitos, o maior acerto expresivo desta canción reside se cadra no seu ritmo peculiar, en consonancia coa súa temática, que logra no plano morfosintáctico mediante a reiteración de versos e/ou sintagmas. Así, ?A nena do facendeiro de Anserma? funciona como un retrouso en todas as estrofas agás nunha, pero tamén serve como marco compositivo coa reduplicación de ?do facendeiro?.
115 Nº 364