BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
Como o chairego do poema, que semella un gaucho evadido do Martín Fierro de José Hernández, o poeta noiés tamén gustaba de compartir pola noite o viño e o cantar cos amigos que acudían á súa Tasca Típica. 4.2.8 ?Os arrieiros de Antioquia fundan a cidade norteña de Caicedonia e perfumase todo o val do Cauca cos primeiros aromas do café?
Na historia de Colombia coñécese como colonización antioqueña96 a que emprenderon xentes do departamento de Antioquia desde a última década do século XVIII ata comezos do século XX polos departamentos de Caldas, Quindío e polo Norte do Valle del Cauca e Tolima. Froito da expansión dos antioqueños foi a fundación, o 3 de agosto de 1910, da cidade de Caicedonia, que acabaría ocupando o primeiro posto na produción de café en calidade e o segundo en cantidade de todo o departamento do Valle del Cauca. No poema oitavo de Cantos caucanos, Avilés de Taramancos céntrase nese fenómeno colonizador e na extensión do cultivo do café a comezos do século XX. O mesmo título que lle adxudica, á parte de precisar o tema xeral da composición, emparéntao estilisticamente coas crónicas da conquista e colonización. En versos libres de amplo folgo o poeta recreará imaxinativamente os primeiros traballos e os primeiros días de Caicedonia facendo uso en todo momento do presente histórico, que lle posibilita engarzar sen solución de continuidade o relato fundacional coa escena do presente en que aparece retratado na segunda parte, en vivo contraste, un campesiño pobre de a cabalo que nos fai pensar nos arrieiros anónimos que tomaron parte na fundación. A referencia inicial á tala dos bosques permítelle ao autor inscribir no poema os nomes das grandes árbores de Colombia. A enumeración aparece enfatizada por medio da utilización dunha imaxe ascensional ou das pausas que supón o uso do punto. A segunda unidade estrófica xa está dedicada aos labores comunais na construción das primeiras vivendas dos colonos, mentres que na terceira fai xurdir os arrieiros da contorna coas ferramentas que permitirán a explotación agrícola. Ora ben, parte do encanto e orixinalidade desta narración estriba no feito de que o poeta aínda percibe no presente as sensacións orixinadas no acto fundacional:
Aínda soa o machado e o estrondo das grandes árbores ao cair: o guaiacán, o ceibo ?ese castelo vexetal no ventoo samán de cen ponlas. A araucaria. O acaxú. Aínda soa o estrondo nos outeiros do norte. O berce da cidade levantase do bosque primixenio o ar garda ese arrecendo, o aroma da madeira fresquísima. Todos os corazóns nun pulo amasan o adobe, ferven o cal no mesmo sentimento;
Nº 364 114