BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
mo León Valencia (19091971), ocupou a Presidencia polo Partido Conservador entre 1962 e 1966:
Non sei que foi o que levou a De Gaulle, alá polo ano 64, a visitar os países de América do Sul, e recalar dous días en Bogotá para saudar ao presidente Guillermo León Valencia, meu amigo. Digo meu amigo porque Guillermo León era un paianés fillo do grande poeta modernista Guillermo Valencia, o autor de 'Anarkos' e dos 'Camellos': 'Dos lángidos camellos, de elásticas cervices...' (acordades?) e tivera con el e co seu irmán Álvaro Pío alguns encontros, antes de ser presidente do país, na sua casa grande de Popaián, onde beben os cóndores e os corzos.16
Cando chega a Colombia Avilés de Taramancos en 1961, o grupo literario máis recente e innovador no panorama literario era o Nadaísmo, que retomaba a iconoclastia literaria da vangarda clásica e a actitude revolucionaria do surrealismo na súa ruptura coa moral tradicional. O manifesto nadaísta foi publicado en 1958 polo contista, dramaturgo e xornalista Gonzalo Arango (19311976). Outros integrantes do grupo nadaísta foron os poetas J. Mario Arbeláez (1939) ??Jotamario? e Jaime Jaramillo Escobar (1933), quen empregou o pseudónimo de X504 para asinar os primeiros poemas. Avilés de Taramancos debeu de entrar tamén en contacto con este grupo, pois os tres escritores son citados como compañeiros da viaxe á illa de Providencia nun relato de viaxes contido en Nova crónica das Indias:
O compañeiro Gonzalo Arango, o grande escritor fundador do Nadaísmo. Jotamario Arbeláez, poeta metafísico da imprecación e da miseria. X504 da poesía secreta colombiana, anovador de formas e palabras decidiron fundar o Nadasterio da Alta poesía Equinoccial. O Mosterio érguese fermoso de madeira nova nun cómaro de pombas e aguacates. Convidáronme a quedar para sempre.17
Sen embargo, máis que cos nadaístas colombianos con quen cómpre poñer en relación a obra de Avilés de Taramancos é co grupo de ?Los Nuevos?, que xorde a comezos dos anos vinte coa pretensión de renovar a cultura e a política de Colombia. Entre os integrantes de ?Los Nuevos? debemos citar especialmente a Jorge Zalamea (19051969), León de Greiff (18951976) e Germán Arciniegas (l9002001). Este grupo recibe o nome da revista que en 1925 fundou en Bogotá o narrador e ensaísta Jorge Zalamea con Alberto Lleras Camargo. De Zalamea son célebres as súas traducións das obras do gran poeta francés SaintJonh Perse, antes de que lle outorgasen o premio Nobel en 1960; de aí que non haxa que esquecer ese antecedente á hora de explicar a tradución ao galego de Chronique (1960), a cargo de Avilés, na colección 'Vento de fóra', en 1991. León de Greiff, o poeta máis importante de ?Los Nuevos?, iniciou a renovación da poesía colombiana desde a súa revista Panida, que fundou e dirixiu na súa cidade natal de Medellín en 1915. Se pola atención que presta á musicalidade do verso, De Greiff se pode emparentar directamente co simbolismo francés, non deixa de asumir de forma moi ecléctica e persoal o legado das vangardas europeas de entreguerras, sen adscribirse a ningún ismo en concreto.
Nº 364 48