Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
os emigrantes, que vén ser o mesmo, e encadean aos irmáns máis radicalizados na loita pola liberdade. Non parece ser tempo de poemas.13
Avilés dedícalle a Pablo Neruda (19041973) un artigo da serie de ?A contraluz?, no que lembra os primeiros volumes do autor chileno aos que tivera acceso nos anos cincuenta na Coruña, El hondero entusiasta (1933) e Residencia en la tierra (1933), emprestados polo xornalista Javier Basilio:
Xabier Basilio emprestabame os libros de Neruda e eu ficaba abraiado de tanta fermosura, e sentia desembocar na escuridade da época como un grande rio de luz. Un deses rios imensos que cruzan a América do Sul entre arvoredos insondáveis, grandes volvoretas irisadas, caimáns e sapoconchos, rios que non teñen fin e que dan riqueza a un continente. Asi via eu a Pablo Neruda, como un grande rio incesante que desemboca no mar da poesia.14
Gracias a este artigo sabemos que o encontro de Avilés con Neruda tivo lugar no acto de presentación dun dos últimos números da revista Mito (19551962), fundada polo poeta Jorge Gaitán Durán (19241962). Mito reuniu os intelectuais colombianos máis valiosos do momento, como Eduardo Cote Lamus (19281964). Non é sorprendente que o elemento de relación do autor galego con Neruda fose a obra de Rosalía de Castro e Seis poemas galegos (1935) de García Lorca, pero, como a publicación do artigo tivo lugar pouco despois do décimo sexto cabodano do chileno, Avilés non deixa de aproveitar a ocasión para rematar o texto cunha execración de Pinochet:
Aquel anoitecer en Bogotá, entre as copas de augardente de Cundinamarca e os vasos de viño de Santa Elena, de Chile, a conversa con Neruda, sendo un poeta lonxano e decoñecido ainda de min mesmo, verqueuse sobre Compostela e Rosalía, únicos signos galegos con identidade universal. A sua voz metálica e delgada dixo algún verso de Rosalia no recordo: 'Airiños, airiños aires', e logo o célebre poema de Lorca, o seu amigo, 'Chove en Santiago, meu doce amor'. Non hai que dicir que o meu corazón tremelaba como un muíño inaugurado, e como se escoitase aqueles versos por primeira vez. Xa a preséncia de Neruda impoñia de por si, e logo a referéncia á nosa terra, estando eu tan lonxe e desamparado dela, non era máis que para estoupar o corazón e sentir un fío de coitelo no sentimento. Ainda así, visto a través do tempo, Neruda pareceume frio ?os cumes sempre son frios e distante. E dicir, non emanaba esa cordialidade universal que un sentia nos seus poemas. Mais, desde logo, un sentiase ao seu carón, como me sentin un dia a carón do MachuPichu, naturalmente insignificante ainda que gardando a compostura como é o meu aquel.15
O texto dedicado a describir o encontro con Charles De Gaulle en 1964 permítelle a Avilés aludir ao poeta modernista Guillermo Valencia (18731943), que representa a liña parnasiana máis acabada no interior do movemento modernista co volume Ritos (1899), publicado en 1898 co título de Poesías pero que só obtivo sona coa edición de Londres de 1914 prologado polo gran crítico Baldomero Sanín Cano. Este poeta fora parlamentario e candidato dúas veces á Presidencia da República, e o seu fillo, Guiller47 Nº 364