Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
principais diarios do país?. O mesmo Luca de Tena participa con Pepe Rei, Ramón Fernández Reboiras, Margarita Ledo e Marcos Valcárcel no seminario ?A situación da prensa diaria na Galicia?. A resultas destas comunicacións e dos posteriores coloquios organizados polo ?Club Adiante? xurdirá o importante ?Manifesto sobre a situación da prensa diaria na Galicia?. Tendo en conta as precedentes reflexións de Avilés sobre a prensa galega, nada ten de particular que o groso da súa obra de publicista político e mais o xornalismo puramente literario o dese a coñecer no periódico quincenal de Noia, Barbanza, que editou a 'Asociación Cultural Barbanza' e se encargou de dirixir, desde febreiro de 1988 ata decembro de 1989, Socorro Santos Lorenzo, con Xosé Agrelo Hermo, Xoán Mariño Reino, Manuel M. Pena, Gloria Díez Fernández e Avilés de Taramancos no consello de redacción. O noso poeta mantivo neste quincenario tres columnas diferentes, dúas delas asinadas cos pseudónimos de Hércules Poirot (?Columna de Hércules?) e Ulises Fingal (?De par en par?). Sen dúbida, desde o punto de vista literario e cultural a máis valiosa era a columna titulada ?A contraluz?, iniciada cunha reflexión xeral que levaba o título de ?A imaxe recuperada?, unha auténtica poética da memoria. A publicación na ?Columna de Hércules?, no núm. 2 de Barbanza (1ª quincena de marzo de 1988) do artigo ?Dormir en Madrid? foi denunciado no xulgado de Noia polo exalcalde e deputado a Cortes do PSOE Jesús Díaz Fornas, quen interpoñería unha nova denuncia polo contido do editorial do núm. 4 titulado ?Liberdade de expresión?. Unha das liñas temáticas desta produción periodística de Avilés que hoxe en día máis interese revisten, é, sen dúbida, a relativa á literatura latinoamericana e á sociedade colombiana, pois nela atópanse non só algunhas claves interpretativas de Cantos caucanos e Nova crónica de Indias, senón tamén importantes referencias autobiográficas. Contra 1961, Avilés de Taramancos coñeceu en Bogotá ao poeta, periodista e diplomático guatemalteco de antepasados galegos Manuel José Arce y Valladares (19071970), que desempeñaba entón o cargo de embaixador do seu país en Colombia. Discípulo de Antonio Rey Soto, cando o crego ourensán permanece en Guatemala entre 1925 e 1930, Arce y Valladares mantivo correspondencia con el desde os anos trinta ata o final da súa vida e a el se debe que se interesase polo galego e pola terra dos seus devanceiros. A obra poética en galego deste escritor alófono iníciase coa sección ?Currunchiño galaico? de Los argonautas que vuelven (San Salvador, 1957). Visita Galicia en 1954 e volve dez anos máis tarde, momento que aproveita para xestionar a edición na colección 'Salnés' do volume Dendo fondo canta o río (1966), dedicado ?Pra Don Antonio Rey Soto, crego e poeta?. Sobre o escritor ourensán xa publicara en 1958 o folleto Actuación en Guatemala de un insigne orensano: Antonio Rey Soto. No prólogo de Dendo fondo canta o río Arce y Valladares menciona a Avilés de Taramancos entre os galegos residentes en Bogotá que lle forneceran materiais ou o asesoraran desde o punto de vista lingüístico:
45 Nº 364