Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Un dos textos en prosa máis importantes no que se refire á reflexión sobre a súa poética, onde esclarece a xénese temática do poema ?Na tumba de Ulises? de As torres no ar, iníciase cunha declaración tan reveladora como a seguinte:
A fonda angúria da necesidade de criar, a sua cerne mitolóxica, está na certeza inconsciente de que a perda do paraiso é para sempre, e que na sua busca a traveso da palabra, na loita contra o tempo, na recriación dos diversos paraisos fictícios que poden dar a emoción, a imaxinación e a estrutura literaria, encontrase esa sensación de triunfo como unha rosa que florece nas ruínas das edades. A transitoriedade do home, a inaprensión do que se vai perdendo, pode quedar prendida no transforndo dun verso, ou irradiar desde o fondo do poema ?a poesia sempre está detrás do que se escribe esa sensación de plenitude de algo que se recupera.6
Máis adiante, neste mesmo texto, vincula directamente a fusión coa figura de Ulises co mito do paraíso perdido:
Eu ando, tamén, no sarillo do que pudera chamar a miña obra ?con todas as dispensas da ousadia á percura do paraiso perdido. Eu tamén como nun remedo do Ulises verdadeiro, perdin as lindes da miña Ítaca dos primeiros versos, para soñala despois, e ando agora ao cabo de tantas voltas, repisando os camiños que nunca me levan a aquelo que percuro. É un signo, pero é tamén a secuéncia que me dá folgos para ir abrindo cada dia unha fiestra no horizonte.7
Ao ser o compromiso político asumido por Avilés de Taramancos o propio dun nacionalista de esquerdas e, xa que logo, o dun internacionalista, a súa loita pola identidade cultural e a soberanía política de Galicia entretécese con naturalidade, na súa obra narrativa e xornalística, coa defensa das causas populares do pobo colombiano desde unha perspectiva eminentemente antiimperialista. Non obstante o entusiasmo con que foi recibido pola crítica o poemario Cantos caucanos, aínda carecemos dunha análise temática e formal das composicións en que Avilés de Taramancos, esconxura mediante a palabra o tirón da saudade da terra da súa dona e dos seus fillos. Lémbrese que confesou que este volume de 1985:
..é feito precisamente para liberarme de todo aquel mundo, de toda aquela paisaxe, de todos aqueles vinte anos en que estiven en permanente regreso pero que tamén me atraparon e fixeron de min un home tan 'sudaca' como galego. Para min é sempre unha vivéncia nova ese regreso, esa recuperación da terra outravolta, como comezar unha nova vida. Portanto hai unha morte interior e permanente e unha nova maneira de viver e conviver coas cousas.8
2. A LITERATURA E A SOCIEDADE LATINOAMERICANAS NO XORNALISMO DE AVILÉS Coma outros membros da súa xeración literaria, Avilés de Taramancos comezou na década dos cincuenta dándose a coñecer como poeta en revistas literarias de Galicia (Tapal, Atlántida, Aturuxo, Rianxo, Amanecer), da Arxentina (Lar) e de Portugal (4 Ven43 Nº 364