BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
Tempos eran de espada e escaramuza, de ir polo Mar do Sur con Álvaro de Bendaña, meu parente, a avistar illas e poboar fronteiras. Graves penurias nos abanearon por non atender as miñas rotas, e grandes pavillóns se derrubaron e abateron na miña fortuna. (p. 95)
De todos os xeitos, máis que as fazañas de mariño, Avilés de Taramancos vai privilexiar a faceta de intelectual humanista e de afeccionado ás artes máxicas, de aí o esconxuro en verso con que remata o soliloquio, a cita dos hexámetros do libro VI da Eneida en que a Sibila lle fala a Eneas e frases en latín e inglés sobre maxia. O interese de Sarmiento de Gamboa pola práctica da maxia acabaría provocándolle encontróns cos inquisidores do Santo Oficio, primeiro en México (1557) e logo en Perú (1564,1575). Gracias ao proceso de 1564 sabemos que tiña manuscritos que describirían fórmulas máxicas:
Guiándose por éllos fabricaba tres anillos, dos de oro y uno de plata, en que grababa signos astrológicos y palabras caldeas. Uno de los anillos tenía virtud protectora en contiendas y batallas; otro, propiciaba el logro del favor de príncipes y altos señores, y el tercero valía para 'tratar con mujeres y haber gracias de ellas'. En los cuadernos había fórmulas mágicas para leerlas con el anillo correspondiente en la mano. Sarmiento había enseñado a un Juan de Velasco cómo había de hacer la lectura: fuera del pueblo, trazando un cerco con puerta al Oriente y 'había de estar firme, tener corazón y no tener miedo'. Tenía que enterrar un espejo en el cerco y esperar ocho días al. efecto. También se aseguraba que poseía una tinta especial para escribir eficacísimas cartas de amor, en coyuntura favorable de los astros.57
Avilés toma pé neste feitos históricos para fabular un almirante empeñado en conseguir o corazón da raíña inglesa por medios máxicos:
Porque vos amo, Milady, e volvo bicar cada unha das sardas da vosa man, e faise a miña travesía sen fin, vou de cada badía a cada porto perseguido pola Santa Inquisición, que xa me ten o lume ás costas, só por aclamar as forzas do interior e as forzas do exterior, por convocar o espírito antigo do deus soterrado, benzoar as aves negras e sacar a relucir o corazón sanguante do reptil e da criatura inocente, para facer que o Voso corazón trema e a Vosa boca diga o meu nome e a Vosa carne loura sinta degoro de min: a chao quod est rudis inordinataeque material confusa congeries. (p. 92)
En 1570 o vicerrei Francisco de Toledo nomeou a Sarmiento de Gamboa Alférez Xeneral e Cronista da visita que realizou ao territorio do Perú. Servíndose dos testemuños dos antigos conquistadores e de enquisas aos indíxenas, o mariñeiro pontevedrés deu remate a comezos de 1572 a unha Historia de los incas, que non sairía editada ata 1906. No relato de Avilés, a viaxe polo interior do territorio peruano interesa polos saberes secretos alí adquiridos:
Percorrín os cumios do Cusco e Caxamarca, por nombradía do visorrei Toledo, tratei con curacas de antiga sabiduría e con samáns na selva escura para anovar a miña prédica e darlles ás fórmulas de Córdoba e Bizancio o complemento necesario para surtir o seu efecto. (pp. 9495)
Nº 364
74