Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
baixo o sol candeal. Tecer o vento esoutra fermosura tan leviana de pórlle luz ás rosas ventureiras. (48)
Como podemos comprobar, a fascinación de Avilés polo mito odiseico é tal que mesmo aproveita a presencia da arpa como instrumento músico con que se acompaña na rexión o baile do galerón para equiparar as manifestacións folclóricas do oriente de Colombia cos bailes da Grecia clásica. Tamén retoma o motivo dos cabalos ceibos a correr coas crinas ao vento polas chairas, pero non desaproveita a ocasión para inscribir no interior do poema a flora e a fauna peculiar da zona. Desde un singular franciscanismo proxecta a luz da palabra poética sobre a beleza humilde e delicada de seres anónimos nun lugar innominado 4.4. POEMAS DISPERSOS 4.4.1. ?Os elementos do desastre ou o canto do vello capitán Pablo da Rokha morto no exilio? Como simple indicio do enorme descoñecemento en que permaneceu en España a poesía do chileno Carlos Díaz Loyola (18941968), coñecido no ámbito das letras como Pablo de Rokha, resultan ben ilustrativas as frases dunha carta dirixida polo poeta e editor Carlos Barral a Carlos Droguett que este reproduce no prólogo de 1975 á súa escolma rokhiana: ?No sé quién es Pablo de Rokha. ¿Podría Ud. enviarme alguno de sus libros? Le confesaré que su comparación con Neruda me sorprende?105. De feito, en España non viu a luz ningún volume de Pablo de Rokha ata o ano 1992, en que a ?Colección Visor de Poesía?, coa colaboración da Sociedad Estatal Quinto Centenario e o Insituto de Cooperación Iberoamericana, publicou unha Antología prologada pola profesora Rita Gnutzmann. Volvería editarse poesía deste autor, canda a da súa muller, Winett de Rokha (18941951), na extensa Antología de la poesía latinoamericana de vanguardia (19161935) de Mihai Grünfeld. A lectura da obra de Pablo de Rokha por parte de Avilés de Taramancos debeu de ter lugar a partir de 1970, nos anos de xerencia da librería de Cali. A figura do poeta chileno aparece no retrato que en Nova crónica das Indias lle dedica ao representante editorial Elcano Sidelnik. Avilés evoca a vida de Pablo de Rokha nos primeiros anos sesenta, cando á amargura pola morte da súa muller e á falla de recoñecemento literario se uniron as dificultades económicas, pois ía vendendo as súas obras polas portas en varias cidades. Avilés daba remate ao retrato do poeta coa referencia explícita ao seu suicidio cun disparo na boca, que tivo lugar o 10 de setembro de 1968:
Pero falabamos tamén de Icaza e do seu Guasipungo (sic), de Pablo de Rokha, 'el viejo poeta con la vieja maleta' que tanto queriamos. Da guerra dos Pablos: O Neruda rico e ríspido, de duro trato, e o Pablo de Rokha a vender libros nos vagóns dos trens de
125
Nº 364