BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
é esta a primeira vez que os seus levan a carga que os vai redimir e rematan sendo expoliados e volvendo á defensa dos seus terreos que o grande cacique Tamoabioi lles deixara por lei con selo e confirmación do escribán real de Pasto; e que a súa vontade só fora interferida polos homes de Deus que os viñan sacar da escravitude e que pouco a pouco artellaran o imperio facendo unha comunidade exemplar onde os indios traballaban por amor de Deus e os evanxelizadores disfrutaban das regalías e impuñan as súas sagradas normas. (p. 99)
Os seus coñecementos da historia de América permítenlle a Avilés describir o sistema de explotación dos indios que implantaban os que se autoproclamaban como os seus salvadores espirituais ao transformar a propiedade da terra, co que acaban convertendo a poboación autóctona en clase oprimida:
O indio, aínda que amansado, sabe que vai haber outra revolta; sente o peso do frade cada vez máis punxente e tamén sente como por unha transmisión dos corpos e unión punitiva, o pensamento e a estratexia que o outro vai argallando para basear outra vez o imperio, ter man das almas perdidas, apegurar de novo o rabaño que noutra hora se soliviantou e voltar, como fixeran antes, a cultivar o plantío de man común, coa suor e traballo que move a fe, ter outra vez o val cumprido de fartura que os indios ofertaran á Igrexa que é nai e señora, para Ela despois vendérllelo en leiras que irán pagando de por vida con máis traballo e bendicións. (p. 100)
3. 4. ?SOLILOQUIO E FILTRO DE AMOR QUE O ALMIRANTE DO MAR, DON PEDRO SARMENTO DE GAMBOA FAI PARA INVOCAR O FAVOR DE DOÑA ELIZABETH, RAÍÑA DOS INGLESES, E POR ESCONXURAR A PRESENCIA NO LEITO REAL DE SIR V= WALTERIO RALEIGH, POETA E BUCANEIRO DE MELLOR FORTUNA; ESCONXURO POLO QUE ACASO MORREU DECAPITADO NA TORRE DE LONDRES.? Xa nos anos 1959 e 1960 Avilés de Taramancos dera a luz nas páxinas de La Noche un poema e unha prosa poética de tema mariño, pois non impunemente era fillo dun mariñeiro, malogrado estudiante de náutica e amigo dun intelectual coma Urbano Lugrís. Sabido é que o mar e os seus mitos ocupan un lugar principalísimo tanto na obra plástica como na literaria dispersa do fillo de Lugrís Freire. En Nova crónica das Indias fai unha incursión narrativa cunha gran figura das descubertas, como foi o almirante pontevedrés Pedro Sarmiento de Gamboa (ca. 15321592). ?Soliloquio e filtro de amor...?, o único que se afasta do marco espacial colombiano, non deixa de manter relacións sutís cos textos que lle serviron de materiais narrativos para outros relatos do volume; non se ha de ignorar que Sarmiento de Gamboa, na súa outra condición de intelectual humanista, exercera o papel de censor literario das Elegías de varones ilustres de Indias de Juan de Castellanos e propuxera a supresión do ?Discurso de Drake? con que remataba o beneficiado de Tunja a historia da cidade de Cartagena, texto non restituído ata 1921 na edición de Ángel González Palencia. Este relato presenta dúas unidades claramente diferenciadas: o ?soliloquio? amoroso de Sarmiento de Gamboa propiamente dito e un broche final que consiste nunha breve
Nº 364 72