BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
Sem pôr em causa realidades estaduais históricas, ou propor esquisitas estruturas, de Uniâo ou Federaçâo, que as Comunidades livres nâo querem, antes, como sinal e prova de Irmandade na Independência, os Povos atlânticos da Ibéria ?nas duas ribas do Minho e seus confins orientais (aquí Portugal, além Espanha) firmemente constituem uma identidade sociológica de base espiritual comum.
Xunto a Ramón Piñeiro, Ramón Otero Pedrayo, Uxío Carré, Manuel María, Xosé María Álvarez Blázquez e Manuel Fabeiro, entre outros moitos, agroman as ?Cantigas da noiva nua? de Antón Avilés, divididas en catro partes: ?Noiva do pino? (?Dime, noiva ¿non sintes como morre o ben teu??), ?Noiva do dia? (?Iaurora traime beixos coa tenreza?), ?Noiva do mar? (?Serás noiva do mar cada hourizonte?) e ?Noiva da tarde? (?As mans da nova espidas na paisaxe?), datadas no ?outono de 1954?; trátase de catro breves composicións recorrentes, cun mesmo leitmotiv representado na figura da amada, a ?noiva? que foi tema frecuente noutros poetas como Manuel Antonio ou Álvaro Cunqueiro, que se fusiona coa natureza do mar e da terra para lembrar desde o verso máis íntimo do amante, a imaxe do amor: ?E no mar infindo dos teus ollos / meu verso será voz?. Antes da súa partida cara a Colombia, no ano 1961, Avilés aínda tivo tempo de facer algunha incursión como colaborador literario nos xornais galegos. Así, no ano 1959 publica no xornal La Noche a ?Carta gnómica a Urbano Lugrís?, unha sorte de misiva tenra e surrealista de quen se considera o mellor amigo do pintor: ?Escríboche na badía de Muros a bordo dunha goleta cargada de esmeraldas?; no mesmo xornal vespertino, tamén publicaría, o 20 de agosto do ano 1960, ?Veleiro entrando na ría?. Tamén apareceu a súa sinatura en La Voz de Galicia (12 de abril de 1960) nun fermoso artigo en prosa titulado ?Los gozos de abril? onde o articulista, facendo gala de boas maneiras poéticas, achega un simbólico e metafórico texto de enxalzamento do tempo da primavera e da fermosa natureza que a envolve:
Ogro de los gozos de abril es el de la lluvia. Esta lluvia de cintura delgada y labio fino que nos besa casi todos los días. Baja de la montaña al valle con paso ligerísimo y sube luego cansada, empujada por un sol galante y reidor. Se perfuma con los brotes del ciruelo, con las primeras hojas del roble, con el aire dulzón de la primavera.
Desde finais de 1961 deica a primavera de 1980, produciuse unha ausencia física, que non sentimental nin espiritual, de Antón Avilés coa súa terra. Truncábase momentaneamente o seu vínculo coa literatura en Galicia e cos circuítos culturais do país. É posible que un elo especial entre a súa presencia e ausencia haxa que buscalo nunha desas publicacións, acaso a de máis prestixio e percorrido histórico en Galicia: a revista Grial. Por iniciativa do seu amigo Salvador GarcíaBodaño Zunzunegui, o número 31 (xaneiromarzo de 1971) da devandita revista amosou 10 poemas dun Avilés que levaba, entón, case dez anos fóra e que volvía colaborar, agora, desde a distancia. Froito da correspondencia recíproca mantida entre ambos, agromaban estes poemas que Salvador GarcíaBodaño presentou xunto coas novas do acontecer vital do autor, nunha nota
Nº 364 162