Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Emilio Ferreiro, Uxío Novoneyra, Ramón Otero Pedrayo, Miguel González Garcés, Bernardino Graña? Algúns daqueles escritores encadrados na chamada Xeración dos 50 vinculados a outros artistas (Joosen, Abelenda, Lugrís?) formarían un novo xermolo cultural: a Peña ?Amanecer? á beira da que estaban Garcés, Villar Chao, Isidro Conde... As palabras de Manuel Álvarez Torneiro son abondo claras e significativas: ?un movemento xuvenil, inexperto pero necesario na calma pétrea e estéril daqueles anos; un revulsivo na sociedade?. Na publicación homónima deste grupo (que só tirou catro números en marzo, maio e outubro de 1957 e marzo de 1958), e no seu primeiro número de marzo de 1957, publicou Antón Avilés un poema en castelán titulado ?Amor? que di así:
Para mí eres huerto o música apagada que sólo vive el alma. Mas? ¡Cuidado con el árbol maldito! En cada huerto queda una mujer, el diablo y la manzana? Es morirse de amor, no tener corazón ya, para tanto. ¡Cuántas veces se muere, quizás tan sólo de idolatría! Cada beso es la pequeña fantasía del momento; es otro mundo incierto que nos guarda cada rincón del alma.
A incorporación de Avilés de Taramancos ó grupo ?Amanecer?, en parte herdeiro do espírito dalgúns membros de Atlántida, foi comentada nalgunha ocasión, de xeito claro, por Manuel Álvarez Torneiro: ?Avilés presentouse un mediodía na casa de Pepe Guillén, na rúa dos Olmos, na Coruña que eu non sei como el chegou a saber que alí había unha especie de Parnaso, e cando estivo diante do grupo que alí estabamos, que eramos uns poucos e rematamos sendo corenta, Avilés dixo: ?Chámome Avilés, veño de Noia e son poeta. Se queredes léovos algún poema meu?. Quedamos impresionados pola seriedade do seu traballo poético, porque Avilés sempre concibiu a poesía como algo moi serio, nunca a entendeu como un divertimento. No ano 1955, Antón Avilés incorpórase á grande nómina de escritores colaboradores da magnífica publicación portuguesa 4Ventos que mantiña extraordinarios vínculos coa cultura galega daquel tempo, se nos atemos ós múltiples nomes de escritores galegos participantes nos máis de doce números (algúns dobres) editados en Braga e avalados por unha triple dirección composta por escritores portugueses, brasileiros e os galegos Leandro Carré Alvarellos, Ramón Otero Pedrayo e Sebastián Martínez Risco. Esta ?Revista Lusíada de Literatura e Arte?, acolleu un especial sobre Galicia no seu número sete (outubro de 1955) precedido por un entusiasta limiar (?Em louvor da Galiza?) asinado por Sérgio da Silva Pinto, que principiaba así:
161 Nº 364