BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
quen se cualifica de ?irmán? seguindo moi de cerca o ben coñecido poema de Ramón Cabanillas ?Na morte de Castelao?; terra e pobo confórmanse como os elementos fundamentais do texto nunha perfecta e harmoniosa mestura: ?queixume dos pinos?, ?luar?, ?pobo?, ?liberdá?? Pola súa banda, ?Lume que morre? recolle a dor lírica do poeta diante da desgracia, a traxedia ou a tristura existencial que nos podería levar cara ós sentimentos máis desacougantes e sinceros de Rosalía: ?Levo nos beizos un bico, / na gorxa un atruxo canta; / no peito levo un salaio, / no corazón unha mágoa, /??. No ano 1954, de novo en Lar de Bos Aires, Avilés dispoñía dun importante espacio para dar a coñecer dúas novas achegas : ?Meu anceio?, un pequeno poema de oito versos onde o mozo, procura motivos da natureza (?lúa?, ?río?, ?noite?, ?vento?, ?ría?) para compartir con nós estes versos:
na dorna da miña ialma está esquencido un anceio? e vou cantando na noite meus soños de mariñeiro
De seguido, outro texto, mestura de verso e prosa, titulado ?O muñeiro?; trátase da historia de Xanciño, un mozo poeta que vive os soños do seu particular mundo interior: ?Xanciño era poeta. Sempre soñou en ver rolar a lúa na roda beiladoira do muíño. Na vella fenestra coberta de hedras, ouvíase a voz de Xanciño, que soñaba desperto: Teño de moer a lúa / no muíño do meu peito??. Estes dous traballos, levan á súa beira un texto de Manuel Fabeiro Gómez que baixo o título de ?José Antonio Avilés Vinagre. El poeta más joven de Galicia?, enxalza tanto a figura literaria como a personalidade daquel rapaz que agroma nas letras de Galicia:
Avilés Vinagre a los catorce años, sintió la llamada de las Musas. Acudió entonces a nuestra revista Tapal, para iniciarse en las letras y fue considerado como colaborador fijo desde el primer momento. Su poesía, joven, inexperta, pero sí exenta de vanagloria y presunción, tiene una influencia muy directa de los dos mejores poetas de la Renacencia Gallega: Manoel Antonio y Amado Carballo. Nos cupo el honor de dirigir sus pasos por los caminos de la lírica gallega, para lo cual, mostraba inmejorables condiciones. Publica sus poemas en diversas revistas y hace dos años (contando dieciséis) obtiene un accésit en el concurso literario celebrado en Noya, en el cual fué mantenedor, Don Ramón Otero Pedrayo, quien, en unión de GarcíaSabell, Ramón Piñeiro y Somoza, tuvo frases encomiásticas para la labor de aquel mozo que prometía excepcionales dotes poéticas. Más tarde se traslada, desde su aldea de Taramancos (Noya) a la ciudad de La Coruña para continuar sus estudios de náutica, y allí, alterna con lo más granado de la intelectualidad herculina, pronunciando conferencias y exaltando el nombre de Galicia. No es hora de hacer ni siquiera una pequeña crítica de su labor: pero deseamos presentar dos poemas que nos ha dejado para LAR y escritos el año pasado.
Das moitas publicacións periódicas editadas en Galicia naquel tempo, sen dúbida foi a coruñesa Atlántida unha ?revista literaria? das máis importantes e valiosas. A súa andaina transcorreu entre 1954 e 1956, cun total de trece números, e foi dirixida por Henrique Míguez Tapia. Nela colaboraron os autores consagrados á beira dos máis novos
Nº 364 158