Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Agosto de 1954. Este ?Soneto? publicado á beira das creacións líricas de Manuel Fabeiro (cunha versión ó galego dun texto de Franz Werfel), Faustino Rey Romero e Uxío Carré Alvarellos, é un dos escasos textos de Avilés escritos en castelán e comeza con estes versos: ?Estoy loco, Señor, tengo el anhelo / de hallar un nuevo Dios en cada tarde,?. Agosto de 1955. Na páxina lírica, xunto a Carré Alvarellos e González Alegre, Antón Avilés publica ?Morte Belida?, unha mostra de reflexión e sinceridade diante da vivencia máis tráxica: ?Meu verso nasce eisí, nos teus gadellos, / nos teus beizos sin lus, axionllado / con un tenro ecoar de rezos vellos??. Por volta daqueles anos de mocidade, Antón Avilés publicou en Rianxo, suplemento de ?Sonata Gallega?, dentro da edición especial dedicada ás festas da Virxe de Guadalupe do ano 1952. A achega de Avilés Vinagre comparte espacio, entre outros, con: Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas, Celso Emilio Ferreiro, Manuel Fabeiro, López Cuevillas, Paz Andrade, Ferro Couselo, Fernández del Riego? No suplemento e nun lugar destacado, atopamos este poema titulado ?Ofrenda a Manoel Antonio? e subtitulado ?Poema da nai soia?. Tece sentidos versos proxectados na lembranza do poeta rianxeiro e na figura da nai tristeira e soa logo da ausencia ?do meu meniño louro / que me deixou baleiro de legrías?!?. Ecoan na voz lírica de Avilés resonancias manuelantonianas (?pailebote branco?, ?veleiros?, ?adeus??) co particular mundo marítimo ó fondo e que, tan bos resultados poéticos lle deu ó poeta de Taramancos. Esta ofrenda a Manuel Antonio é unha das múltiples homenaxes literarias que o poeta de Taramancos lle rendeu ó poeta de Rianxo; así, no artigo ?O poeta é un loitador? (Barbanza núm 6, 1ª0588) afirmaba Antón Avilés:
Mentras tanto saiu do seu corazón de mariñeiro o livro máis anovador da poesia galega deste século De catro a catro e do seu alento impecável o manifesto Máis Alá que asinou con Álvaro Cebreiro e que rachaba dunha vez con todo o estabelecido no orde literário. Se alguén tivo consciéncia de ser galego e ser universal foi o poeta de Rianxo na sua palavra e na sua actitude. O poeta é, pois, un loitador.
Nos anos seguintes, o autor de As torres no ar, ía probar fortuna literaria á outra beira do Atlántico. Así, nos anos 1953 e 1954, achegas de Avilés aparecerán publicadas na revista Lar. Revista del Hospital Gallego de Bos Aires. No ano 1953, dentro do número extraordinario (236237) correspondente ó 25 de xullo e conmemorativo do Día de Galicia, publicáronse os poemas ?A Castelao? e ?Lume que morre? (datados en ?Galiza 1953?) á par dunha breve nota da redacción que dicía: ?José Antonio Avilés Vinagre, calificado por el diario de Santiago de Compostela ?La Noche? como el penúltimo poeta de Galicia ?tiene diecisiete años y comenzó su colaboración en ?Tapal? antes de los quince, envió a LAR para este número extraordinario, los poemas que publicamos?. O primeiro poema está dedicado á figura insigne de Castelao, morto tres anos antes, de quen se salienta a inmortalidade nun repetitivo verso ?¡Ti non morreches, irmán!? e a
157 Nº 364