BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
xentes máis próximas, motivos que se farán recorrentes ó longo da súa ampla producción literaria. Desde aquel momento, nas páxinas de Tapal encontrou Antón Avilés acubillo para os seus poemas e así atoparemos outras mostras nos seguintes números: Febreiro de 1951. ?Morriña??, sentida composición na que se retoman elementos tópicos como a morriña, a saudade, a terra e a morte. Agosto de 1951. Cun título abondo significativo, mesmo premonitorio, o poeta achéganos esta composición, ?Saloucos d'un emigrante?, no que se evidencia o vínculo coa terra, a matria, que tantas pegadas iría deixando pola súa obra. ?Terra qu'agora estarás / chorando, cicais, por mín; / non chores mais, qu'anque morra, / anque morra? ¡ei de ir a Ti? !?. Agosto de 1952. Nesta entrega estival, atopamos dous poemas titulados ?Antón de Noia? e ?Cadarso?, protagonizados por personaxes lendarios da historia e do tempo das descubertas marítimas. O primeiro deles volvería ser materia literaria no ano 1987 nun artigo titulado ?Navegantes, Cronistas, Exploradores? onde di:
Eu vexoo medindo a infinitude do mar cos seus ollos asombrados, ir descubrindo as costas do Brasil, do Plata, cruzar o mar bravio do Estreito de Todos os Santos e atoparse co outro mar imenso nunca de antes navegado. Á figura de Cadarso tamén dedica altas palabras e sonoros versos: ?un corpo iunha ialma; ialma e corpo / que, por sempre, nos mares infinidos, / han de cantar a liberdá d'un pobo?
Estas dúas composicións teñen, ademais, un importante valor posto que con elas acadou Avilés a Mención Honorífica do Premio de Poesía en Galego convocado polo Circo de Recreación Casino de Noia como celebración do seu Centenario; a publicación resumía así o asunto: ?La mención honorífica de este premio de poesía en gallego fue leída por su autor el joven de 16 años José Antonio Avilés Vinagre?. A entrega dos premios realizouse nun acto público, celebrado no Teatro Galicia de Noia o 14 de marzo de 1952 e do que deu noticia o compostelán La Noche. Entre os asistentes están García Sabell, Ramón Piñeiro e Ramón Otero Pedrayo que pronuncia unha conferencia que ten como tema central Noia, a natureza, os seus persoeiros? Do acto de entrega dos galardóns existen varias fotos; unha delas é especialmente significativa para o que nos ocupa: diante da mesa presidencial, na que tamén está Manuel Fabeiro, Antón Avilés le os seus poemas baixo a atenta mirada do Patriarca, Don Ramón Otero Pedrayo, que semella esculcar a través da voz daquel rapaz, as boas maneiras do poeta que agromaba. Neste mesmo número de agosto, hai outro poema breve de Avilés, de fermosas imaxes, titulado ?Poema da lua e do mar?, incluído nunha ?páxina poética? onde comparte espacio, entre outros, con Fernández da Ponte, Isolino Nieto e Pura Vázquez. Agosto de 1953. Nunha ?páxina poética? compartida con outros catro poetas, Avilés achéganos o sinxelo ?Lume que morre? de ton existencial e dor anímica: ?¡Ai, cómo sinto morrer / o lume na miña ialma!?.
Nº 364 156