BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
Barbanza foi o título dunha publicación quincenal nacida ó abeiro da vila de Noia en febreiro de 1988 e editada pola Asociación Cultural Barbanza; nacía con vocación local, sen esquecer a información da comarca e nas súas páxinas houbo espacio para a nova histórica, o comentario cultural, a vida local, deportes... Con todo, o compromiso decidido por parte da redacción e dirección desta publicación coas causas máis próximas non evitaron enfrontamentos entre diferentes persoas e capas sociais. Nesa liña de opinión, información, denuncia ou reflexión colectiva estaba Antón Avilés e os seus heterónimos que asinaron máis dun cento de traballos apoiados en piares recorrentes: a terra, a patria, o compromiso, a lingua, a amizade? Unha boa mostra deses artigos publicados en Barbanza atopámolos no libro Obra viva (Edics. Laiovento, 1992) cunha escolma realizada por Ana González Vázquez e cun limiar de Xosé Agrelo de quen escollemos estas verbas:
...anacos todos arrincados todos da prosa cotidiá do poeta que, en ningún momento, desmerece do alto estilo ao que nos ten acostumados Avilés de Taramancos. De aí que, mesmo nos temas máis elementais da vida, o poeta trascende, profundiza e pasa á outra banda das cousas para ver, como na Lúa, a sua cara oculta?. ?Obra viva? recolle colaboracións de Avilés en catro principais seccións que abranguen os anos 19881989: ?A Contraluz (Antón Avilés de Taramancos)?, ?Editoriais?, ?A coluna de Hércules (Hércules Poirot)? e ?De Par en Par (Ulises Fingal).
Velaí un percorrido por algunhas das publicacións periódicas, especialmente revistas e xornais nos que Antón Avilés de Taramancos participou ó longo da súa vida. Unha pequena selección na que o poeta sempre tentou ser el mesmo, sen arredarse dos alicerces fundamentais sobre os que construíu a paixón de toda a obra e a afirmación da súa existencia; porque a palabra era para Antón Avilés unha arma ó servicio da comunidade, un recurso fundamental para as construccións, as arquitecturas do futuro do país. Para finalizar, recollemos estas palabras do seu artigo ?Ser escritor?, datado no ano 1989, onde Avilés fala da misión de todo creador:
Ser escritor en Galicia leva consigo non só a disciplina das letras e o desvelar recantos de fermosura e de ética, senón tamén a disciplina das armas. Non podemos ser escritores a tempo comprido como en calquer nación ben asentada na sua própria estrutura; aqui ao mesmo tempo que criamos frorituras coa palabra, temos de erguer tamén, a pedra e canto, a arquitectura da nación que soñamos articular.
Nº 364
164