Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Entra no val coa súa carga nos ombreiros e preséntase á súa xente coa intención impía de crucificar a cruz que leva ás costas. (p. 100)
Esta subversión aparece máis salientada ao identificársenos co Cristo na Paixón: ?El tería de ser a lingua e o valedor, e a cruz que levaba, como Xesús Cristo levara a súa? (p. 95). ?Tamén Xesús Cristo levara a súa cruz? (p. 97). Para acentuar a impresión de realidade deste camiño de paixón polas abas do volcán Patascoi, o autor vai esparexendo ao longo do texto diferentes notas descritivas que dan conta do padecemento físico que sofre o indio protagonista:
Na costa do Encano, vendo ao fondo a lagoa da Concha rebrillar de luz, xa os nós da cadeira atada nos ombreiros e darredor das costelas comenzaron a ferir teimosamente a carne e os folgos afrouxaron mentres a suor escorregaba pola meixela e os oídos chiaban sen escoitar a letanía do frade que o animaba movendo o cu dun lado para outro, tensando aínda máis as cordas. (p. 97) A fita da testa, que sostiña o mais do peso da cadeira, ía apertando cada vez máis e o indio sentía que lle podía estoupar a cabeza. (pp. 9798) ..con cadeira e misioneiro ao lombo, sabía que lle ía facer doer os riles e as coxas de ter man de si e do outro, mentres tiña que pór os pés en paso seguro para non botar por riba da cachola tan sacrosanta carga (p. 98) O verdadeiro mártir sentía máis os nós na súa carne e as espiñas nos seus pés descalzos e todo sexa pola vontade de Noso Señor. (p. 98)
Gran parte do acerto literario deste relato reside, na nosa opinión, na habelencia que demostra Avilés de Taramancos á hora de denunciar o comportamento da institución eclesiástica en relación coa poboación indíxena. Deixando á parte o carácter simbólico da mesma viaxe, na que o indio fai as veces de besta de carga, atopámonos con que, mentres descansan os dous no cráter do Patascoi ?o prelado bebía uns grolos de viño de consagrar e tomaba un repariño de galletas de Castela que cocían as monxas de Quito e que mandaban regularmente para a misión de Pasto? (p. 98). A esa práctica real do relixioso, o autor contraponlle a ideoloxía proclamada, lugares comúns do cristianismo: ?Pracido Crous quería levar a palabra da caridade, da compaixón e da humildade de Cristo Redentor? (p. 97). Non falta tampouco a nota humorística destinada a manter o distanciamento crítico; así, despois de comer, o relixioso ía rezando ?entre arrotos? (p. 98) e ?roncaba agora como un asubío soñando na súa benignidade coa palma do martirio e o coro dos anxos? (p. 99). En tanto que ?lingua? ou intérprete, o indio porteador aparece como o encargado de transmitir as ensinanzas do frade ao seu pobo. Sen embargo, toma conciencia da opresión ao chegar aos seus eidos e identifícase co sufrimento do seu pobo, vítima da expoliación da mesma orde de predicadores:
Entón é cando o indio é outro indio e dáse de conta que xa non é esta a viaxe senón outras viaxes anteriores, outras cargas tan pesadas e as aguilloadas nos cadrís, que lle doen atavicamente e vén á memoria o andar do seu pobo, as penas xa pasadas, que non
71
Nº 364