Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
A pirámide branca; o flanco doutra formosura no óculo de alcance. Palma sen fin na luz ?o seu fin mesmoe a illa, insólita, ese perfume. Hai un ar novo no meu ser. Removendo un antergo costume. Todo é recén feito desde séculos, vivo de súpeto e a través do tempo; non dá cabida o corazón á dimensión intacta. ?Per gli occhi fere un spirito sottile...? Un deus brunido Abría o manancial da vida. (55)
A composición V supón un claro salto temporal, xa que o suxeito lírico aparece integrado plenamente na terra americana, de aí que na segunda parte do texto se retome o tema da saudade da terra natal e o mito odiseico. A condición paradisíaca da paisaxe natural de América refórzase coa alusión ao anxo bíblico que expulsa a Adán e Eva. En consonancia con ese ámbito transcendente desde o punto de vista relixioso, os elementos escolmados da realidade exterior ('árbore florida', paxaros e bolboreta) adquiren o valor de símbolos ascencionais, pois teñen en común o carácter aéreo. O amor á terra de adopción confúndese co amor á súa muller por medio de trasferencia de calidades. O momento de maior sensualidade da composición non xorde ata despois de proclamar o abandono da moral represiva tradicional do catolicismo:
A árbore florida na beirafín do mundo no ar a árbore florida e o paxaro no ar iridiscente, o paxaro coral e a bolboreta sostendo a coluna do día co seu manto; a calandra, laberca da memoria, amandonos desde a outra banda do amor non tocado. As cúpulas do vento. O bafo morno a penetrar recóndito na médula, terra en sazón ?atávicos perfummems de cando o anxo desvelou a espada, e agora o corazón que recupera o território inaugural do tempo e lambemos o froito ácedo na gruta feminina e o seu óleo sagrado. Porque o profeta arrepiado que deixáramos nunca falara deste deus inxel e a súa formosura tan pacífica revestida de alpaca. Amuramos o destino e a súa torre; o noso pé acuña a primavera e ofrecemos de xoenllos a nosa propia carne enfebrecida tremeante de amor e sospirando. Ouh terra vaxinal, barro entreaberto co seu licor curandome a ferida. (57)
Cantos caucanos péchase cun dos mellores textos que saíron da pluma de Avilés de Taramancos: ?Crónica ferida ?elexía menor?. Malia pertencer á sección de Crónicas do ano 1985, a orixinilidade desta composición estriba basicamente no que ten de cifra e compendio dos temas desenvoltos na primeira parte do poemario. Iníciase o texto coa proclamación do amor á súa muller, que tamén resulta mitificada ao asimilala á figura de Nausíkaa, pois a ambientación espacial do encontro amoroso supón un desenvolve121 Nº 364