Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Como vemos, o poeta procura dotar a composición dunha leve estrutura circular por medio da reiteración dos elementos descritivos, ao tempo que condena a cobiza do ouro que motivou a conquista e canta a terra e a muller colombianas. 4.2.11. ?Fórmula secreta do sancocho do Cauca? O único soneto inserido en Cantos caucanos é o titulado ?Fórmula secreta do sancocho do Cauca?, que pecha a primeira sección. Este poema destaca, sobre todo, pola orixinalidade temática, aparentemente tan extrapoética como é unha receita de cociña. Digamos que o 'sancocho' de galiña figura entre os pratos máis peculiares dos departamentos colombianos do val do Cauca, caracterizado por estar especiado de abondo e incluír plátanos de Buenaventura. O dominio formal do poeta de Noia ponse de manifesto moi ben na distribución nas diferentes estrofas dos distintos ingredientes. A exaltación da comida lévao a supoñerlle a este prato colombiano mesmo virtudes afrodisíacas, pero non por iso se ha de considerar unha composición de tema erótico:
Despois deste sancocho queda o mozo co que ten de varón, ergueito e duro, e a meniña, disposta a todo gozo. (43)
Esta poetización da gastronomía colombiana só adquire verdadeiro sentido literario se se pon en diálogo intertextual co poemario Epopeya de las comidas y bebidas de Chile (1949), unha das obras máis orixinais e celebradas de Pablo de Rokha. A exaltación das bebidas e dos manxares do territorio chileno parece inspirado polo mesmo Dionisos, pois nalgunhas composicións a sensualidade dos praceres gastronómicos vai unida á sexualidade. Así é descrita a temática deste poemario polo profesor chileno Naín Nómez, un dos poucos ensaístas que se ocupou con profundidade da produción poética de Pablo de Rokha:
El tema de esta apoteosis epopéyica consiste en exaltar el mundo primitivo natural de los campesinos, los mineros, los pescadores y la vida rural. No hay en la poesía chilena ni en la poesía de lengua española un poema que exalte lo nacional como este. Los alimentos de todo el territorio chileno desde Arica a Chiloé pasan a incorporarse a una mitología original y autóctona que semántica y gramaticalmente no tiene parangón en la tradición. El canto fluctúa constantemente entre la exaltación ligada a los ritos paganos y los orígenes por un lado y la conciencia de la transitoriedad humana, ya apreciada en otros poemas por medio del motivo del Ubi sunt.100
A celebración báquica da Epopeya de las comidas y bebidas de Chile queda ben exemplificada nesta composición que citamos a modo de exemplo:
Cuando está borracho el año, el otoño, los rastrojos, los abejorros, los toronjos, los peones contra los patrones y los lagares, comienza la vendimia, la cual se produce reventando pámpanos agarrados al sol encima de los pechos, del vientre, de los muslos de las muchachas, que
119
Nº 364