BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
ral logo inutilizou dúas na mesma desembocadura do río, e o goberndador expediría dous novos barcos para que o remontasen ata alcanzar as tropas de Quesada que avanzaban a pé con enormes dificultades por causa da selva mesta e intricada das marxes do río. O Magdalena devén símbolo da vida nacional, non só por estes feitos históricos e por tratarse da principal vía de comunicación da que dispuxo Colombia, senón tamén por connotar, mediante as reiteracións paralelísticas, as dimensións da violencia política que non deixou de azoutar Colombia e que o poeta lamentaría en artigos moi emotivos. Como o lector ideal a quen se dirixe en Cantos caucanos Avilés de Taramancos é o galego, non ten reparo en dilucidar no texto un dos mitos claves da conquista española, como foi El Dorado, xerado a partir dos ritos relixiosos que celebraban os caciques na lagoa de Guatavita98 e do relato que un indio lle fixera deles a un capitán de Sebastián de Belalcázar trala conquista de Quito. O certo foi que o mito de El Dorado exerceu tal poder fascinador sobre os conquistadores e descubridores que no século XVI se rexistran varias expedicións a ese reino de fábula despois de que Belalcázar se atopase con Ximénez de Quesada e Nicolás Federmann na meseta de Bogotá e que o indio dourado se transformase nun territorio: Felipe de Hutten (1541), Hernán Pérez de Quesada (1541), Pedro de Ursúa e Lope de Aguirre (15601561), Walter Raleigh (1595)99... Os versos deste poema de Avilés de Taramancos parecen aludir en concreto á expedición a El Dorado que Gonzalo Ximénez de Quesada emprendeu con sesenta anos desde Nueva Granada, entre 1569 e 1571, por terras do río Guaviare e das chairas dos afluentes do Orinoco e que rematou no máis completo desastre e na ruína:
O río e o seu bruído milenário foi o camiño único da pátria o Magdalena intenso violado pola proa voraz das carabelas. Ximénez de Quesada pasou coa súa tropa de pantasmas percurando Eldorado o indio Guatavita revestido de ouro e de esmeraldas. Cántos soños cruzaron de Natagaima a Neiva, cánto ferro, cánto furor: outro río de sangue baixou por estes campos á maré. E o ouro estaba fixo no seu cénit sol perpendicular que non se movementras cantaba a vida, e resplandece. Ibaguereña por verte... (4142)
Nº 364
118