Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
lonxe da miña cidade. Cúpulas brancas ó ar: E sinto na eternidade o corazón a soñar.(185)
A efusión sentimental dá paso ao momento introspectivo en que a vivencia da saudade xorde pola acción conxunta do tempo e a memoria:
¡Ai a miña cidade de sol deitada nun outeiro ó pé do Cauca! Ás veces o corazón non ten límites: E o tempo afía paseniño a súa fouce na memoria.(184)
4.2. CANTOS CAUCANOS Coa publicación de Cantos caucanos76 (1985) na colección ?Leliadoura? de Edicións Sotelo Blanco, cando aínda non viran a luz máis que catro volumes na que se acabaría convertendo na colección de poesía máis importante dos anos oitenta, Avilés de Taramancos pasa a ocupar unha posición central no campo da lírica galega nesa década; a súa obra será moi ben acollida polos membros da nova xeración, non en van acabaría erixíndose nun dos máis destacados da súa xeración e da segunda metade do século XX. Tanto as diversas recensións aparecidas na prensa da época, unánimes nos eloxios, como a consecución do premio da crítica española e logo a historiografía literaria converten Cantos caucanos no inicio da plenitude literaria do poeta de Noia. Polo que se refire á xénese textual do volume, convén termos en conta que os tres primeiros poemas (?Primeiro canto?, ?Elexía de Popaián? e ?Canto de Noralba Timbacoi?) apareceron en maio de 1984 no núm. 1 do ?caderno de poesía? Cen Augas canda outros membros da súa xeración, como Bernardino Graña, GarcíaBodaño, Manuel María e Uxío Novoneyra. Nese mesmo ano Avilés distribúe entre uns cantos amigos ?dez ou doce exemplares?, segundo nos aclara no limiar Basilio Losada, unha edición dos once poemas que forman a primeira parte do volume. Ao reunilos cos da serie ?Crónicas?, que abrangue á súa vez os seis poemas da ?Crónica de Bernaldo Fros? e ?A crónica ferida?, vainos conservar na mesma disposición textual e sen ningunha variante estilística, aínda que na edición de ?Leliadoura? desaparecen as datas da redacción e as ilustracións que acompañaban a edición de ?Círculo aberto?. Na ?Crónica de Bernaldo Fros? Avilés segue desenvolvendo o seu mito persoal ou fusión mítica coa figura de Ulises, pero nos outros apartados dá entrada a dúas importantes novidades temáticas xa esbozadas nos poemas de O tempo no espello que escribe tras regresar a Galicia, como son a realidade colombiana e a saudade desoutra patria perdida.
93 Nº 364