BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
É primavera en Noia e ando lonxe ermo na miña dor diante da noite: montañesa dos Andes con que gozo apreto a túa man estraña e única.(114)
O símil cun animal volve aparecer no primeiro poema da segunda parte de Os poemas da ausencia, no que si fai acto de presencia a realidade natural de Colombia. Sen embargo, aínda se trata dunha paisaxe pouco vivida, como nolo proba a mención de grandes ríos da selva colombiana. Polo momento, esta paisaxe non desempeña un papel protagonista, xa que aparece disposta como un mero pano de fondo ao comezo e ao remate dun poema en que inicia o desenvolvemento da fusión mítica coa figura de Ulises. As condicións nada benignas da selva reforzan a saudade do mar da infancia e dos ?navíos de antano? que levaban os nomes de Olga, Flor do Barqueiro ou Lealdade:
Na terra chan mais longa, longa sen fin, terriblemente longa, circular e tirante como un tambor de aceiro onde o sol non é Pai nin irmán nin amigo senón un viaxante galopín e sinistro que ensome con carraxe os ósos temperados. Na terra do xoropo, do xaguar, do papaio, nas ribeiras do Guaviare, do Meta, do Vichada, no corazón da selva, no corazón do mundo a un mil e cincocentos kilómetros do home chegou cheo de brétema a visitarme o mar. (127) [...] Ouh irmán mar: eiquí na inmensa eira na eira do Vaupés, do Casenare, chegoume a apreta honrada do teu brazo e ouveei na selva, aqueloutrado, ata que o sal das bágoas me arrepuxo unha ribeira extensa polo labio.(129)
A realidade americana en O tempo no espello non volve aparecer ata os textos elaborados xa en Galicia no ano 1980 e incluídos no poemario Nova crónica de Ulises. Estes ?Poemas do regreso? son de certo o antecedente inmediato de Cantos caucanos por constituíren ambos evocacións da cidade de Cali. De todos os xeitos, o estilo poético aínda ha de sufrir unha transformación considerable. Destas brevísimas cancións cunha simple nota descritiva ?a luminosidade que dan conta da saudade que sente o autor pola súa cidade da década dos setenta ata os poemas de grande alento que sorprenden pola capacidade para evocar paisaxes e figuras humanas ou recostruír episodios históricos. No poema ?Cali?, dous tercetos abrazados en octosílabos, a saudade maniféstase como esperanza dun porvir en que lembrará a capital do Valle del Cauca:
Agora teño saudade do futuro que hei de andar
Nº 364 92