Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
É Nereo. O seu cabalo é negro como a noite. Alto e feliz. É o dono da campía. (35)
Coa utilización do presente de indicativo para esta leve narración no canto do imperfecto, consegue eliminar a distancia temporal na evocación do amigo. Resalta a súa habelencia como xinete non só fundindo o seu corpo co do cabalo como se dun centauro se tratase, senón tamén ao salientar a torpeza de que dá mostras ao pisar o chan, talmente o albatros de Baudelaire. Da personalidade de Nereo destaca o carácter solitario e solidario a través de símbolos espaciais de protección e amparo como son ?niño? e ?casa?:
Nereo vén descalzo con esporas de prata. A súa voz é firme. A súa man cando se abre é a man máis amiga é como un niño ao que podes chegar de madrugada ou unha casa grande que ampara a moita xente, unha man morna e forte curtida na guerrilla. Compañeiro. Descabalga amodiño conversando coa besta. O cabalo é a súa única fortuna, é o único ben que necesita: forma parte de seu, prolongadura do seu corpo ensumido de xinete, áxil no ar lento ao pisar a terra. (35)
En ?Nereo a cabalo? encontramos novos exemplos da capacidade de Avilés para transcender a realidade cotiá por medio de símbolos. Así, a augardente do val do Cauca compartida adquire o valor dun rito relixioso. Fronte á concreción temporal, o poema exhibe unha absoluta indeterminación espacial, xa que as enormes chairas do río Meta son obxecto da lembranza saudosa do vaqueiro:
Debaixo do chapeu de feltro negro os ollos negros furan o infinido. Nada se move en torno seu sen ser apercibido. Unha faísca de ternura ou a dureza do aceiro: É Nereo, e o seu caneco de augardente do Cauca compartese nun rito como se de súpeto todos os homes foran libres. Cando o aroma do café invade a noite Nereo estende o seu petate. Lembra quezáis a súa terra longa, as planuras do Meta onde se pode cabalgar mil días, e o seu cantar rompe bronco e zangarrea no tiple ese xoropo de terra aberta e quente: ?Sobre la pampa la palma, sobre la palma el lucero. Sobre mi caballo yo y sobre yo... mi sombrero?. (3536)
113
Nº 364