Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
de xardín doutro tempo aínda fresco emana da lectura. A viola, o xasmín, a rosa de cen follas, a benvestida e a campánula regaronse con bágoas de cando o corazón foi inventado. (33)
A referencia intertextual ao título da obra de Ramón Cabanillas resulta acaída polo común sentimentalismo tradicional. Non faltan alusións ao desfasamento estético da obra antes de ofrecer unha análise da psicoloxía da personaxe (namorada, relixiosa, triste, casta, inocente...) que recolle as notas peculiares do estereotipo da heroína do romanticismo conservador. A diferencia doutras protagonistas de novelas, María non morre de amor, por ausencia do seu amado Efraín en Inglaterra, senón por enfermidade, que Avilés identifica co mal romántico por antonomasia. O símil en que compara o destino da protagonista cunha flor abandonada na novela logra conferirlle unha certa circularidade á composición desta primeira parte:
Despois da tose romántica aparece a figura de María: daguerrotipo sepia onde escentilan dous ollos como ascuas acendidas, e a boca sensual apagada polo continuo roce da oración. Namorada e triste o seu ollar é como un can pequeno percurando a caricia. ¡A vida no século pasado eran tan casta!. Non se pode pór freio a tanta desbandada de amor: entón a tise foi bebendo o sangue e María quedou como unha viola murcha na páxina 47. (3334)
A segunda unidade poemática presenta unha composición pechada, que se fai máis evidente gracias á reiteración do verso en que o suxeito lírico se dirixe a través do tempo a María (?Tamén amei no teu xardín, María?) para evocar por medio do irracionalismo poético un episodio amoroso cunha moza de Tuluá que permanece vivo como un estigma a sangrar. O motivo poético do xardín permítelle inserir un canto da paisaxe caucana, pero sempre desde o universo novelesco de Jorge Isaacs. Así se comprende a presencia do río Amaime, que discorre preto da facenda 'El Paraíso', principal escenario de María e que a familia do autor perdera antes da publicación da novela. O poeta reitera de novo o motivo da luz limpa que baña o val do Cauca:
111 Nº 364