Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Evidentemente, o escritor noiés era ben consciente da orixinalidade que achegaba o seu universo poético á literatura galega. Se o poema ?Ítaka? de Nova crónica de Ulises contiña un hemistiquio en que mostraba a lóxica preocupación de poeta descoñecido en Galicia polos anos da odisea colombiana, (?Ninguén escoita o seu cantar?), Cantos caucanos remata cun verso ben revelador da súa ambición literaria: ?¿Escoitarán no mundo a voz que me aloumiña?? 4.3. ÚLTIMA FUXIDA A HARAR O poemario que Avilés de Taramancos escribe nos meses da enfermidade apareceu postumamente en decembro de 1992 como núm. 10 da colección ?Espiral Maior?103 que dirixe Miguel Anxo Fernán Vello, a quen lle dedica o volume nun acto simbólico de cesión da chama poética. Avilés, neste libro, continúa manténdose nun alto nivel estético, pero, loxicamente, xa non ofrece a unidade de concepción dos anteriores. Unha proba disto témola no feito de que mesmo conteña na sección ?Silva de varia fermosura? os poemas de tema colombiano ?Anserma? e ?Tecer o vento. Ver correr cabalos?. Anserma é un municipio do Oeste do departamento de Caldas, fundado o 15 de agosto de 1539 polo capitán da conquista Jorge Robledo co nome de Santa Ana de los Caballeros. Tanto desde o punto de vista formal como temático, ?Anserma? pode caracterizarse como unha secuela de Cantos caucanos, pois garda unha notable semellanza estrutural con ?Os arrieiros de Antioquia...?. De feito, en ambos os textos estamos en presencia dun relato fundacional; neste caso é a erección dunha nova cidade polos conquistadores, de aí que desenvolva unha das constantes temáticas de Avilés de Taramancos, como é a gabanza da paisaxe natural de Colombia e a condena da violencia perpetrada polos españois:
Ainda rinchan as sombras. Entre a poeira e o mencer irrompen por vez primeira as eguas en Anserma. Esgazase aquel ámbito como se for de vidro, antes inmaculado na paisaxe e agora xa pisado de furor e de ferro. Neste recinto vago, purísimo no ar, soñanse xa os cimentos da cidade. O branco cal ardendo nun pór de sol que nunca fora visto. O adobe, a madeira que aflora recendente no mato. A ardentia de ver torres ergeitas nun mundo evaporado. Chantase a espada e ditase unha lei: Aberto fica o estertor do sangue. E todo aquelo que ia ser brancura amasase na carne e na cobiza. E nembargantes brillan ainda agora de lonxe na planura as altas torres como a dor que grita... (41)
Os estudiosos da conquista de América non deixaron de salientar a importancia dos cabalos que levaron os soldados españois; xa no século XVII o historiador Lucas Fernández de Piedrahita os considerara ?los nervios de la guerra contra los naturales?104. Avilés
123 Nº 364