BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
mento dos motivos descritivos do epígrafe da sección ?Crónica de Bernaldo Fros?. Para Avilés de Taramancos, o novo Orfeo de ?Canto de Noralba Timbacoi?, a música de Colombia que trouxera para Noia convértese no instrumento que lle posibilita rescatar as imaxes perdidas no tempo. Nesta ocasión a realidade colombiana aparece tan só suxerida por unha serie de motivos cantados na pimera parte do volume: a luz, o río Cauca, os cabalos ceibos, os cóndores, o turpial...:
A música que me abre as portas, que me brune os fanais, que me amosa incesante perdidas latitudes onde a vida campea vigorosamente co seu alto tremor irrepetíbel; e dóeme como se a esgazaran de min mesmo, cada hora de luz que nace agora nos camiños que andei. E porque amo un río que decorre nun território de cabalos ceibes, e atravesa de paso de parte a parte a miña arboradura, desemboca no pozo mesmo onde me nace o sangue. Que se voan os cóndores voan coas miñas asas. E se canta o turpial a miña voz desfiase vagamente no ar, canta co mesmo son do xílgaro que canta de ponla en ponla na nenez tan íntima. (6162)
Esta composición funciona tamén como unha breve declaración autopoética ao desenvolver por extenso o tema da saudade revertida que se esbozaba no ?Primeiro canto?. A diferencia de tantos outros poetas galegos que tamén coñeceron o pan acedo da emigración en América pero sen fundírense de forma plena co país de acollida, Avilés de Taramancos móstrase escindido interiormente porque asume unha dobre identidade cultural e política. Por máis que a Galicia á que retornara había un lustro é a súa Itaka recobrada ou ?a terra prometida?, non goza de sosego espiritual pola saudade que sente do país en que formara a súa familia. Esa ansia de recuperar por medio da palabra poética o outro paraíso perdido constituíu o núcleo temático fundamental que informou, fundamentalmente, composicións tan diversas como as contidas na primeira parte de Cantos caucanos:
Ouh território aberto, planura do confín, miña outra casa, terra onde o pan é frutal e o ar encelma a sede máis enxoita e corrosiva ai amor que me fenden os raios da saudade, e quero ollar a estancia, encravar na pupila para despois da morte esa luz que me cruza, ese olor que me chega, cilantro e malvasía, ese amoor meu que nunca. É deste sofrimento que aluma a miña teia, é deste sofrimento, é desa luz que vivo, do carcomer perene de apreixar o olvido e telo tenso, roxo nas brasas da memória, ir de avarento amándoo con palabras cada día máis cálidas até telo ancorado no meu porto segredo. É dese amor que vivo; e mais do amor que agora no lar recuperado erguen vellas colunas, antigas mans que me aman, a emanación dos átomos de meus avós no vento, a terra prometida. (62)
Nº 364
122