Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Era o clamor universal gorxeaban os astros o seu canto, e o río imenso esfarrapada a vaxina froital do mundo no ámbito do Cauca. Un deus sinxelo apacentaba os aerólitos ao pé das criatura inocentes branco corazón de guanábana. (17)
Polo que se refire á orixe literaria deste motivo, non cómpre remitilo necesariamente á primeira sección do Canto general de Pablo Neruda, titulada ?La lámpara en la tierra?, porque a formación da terra xa fixera acto de presencia nos Poemas da ausencia, sen ningunha referencia ao ámbito americano. A exaltación da natureza e a condenación da violencia xerada polos seres humanos lévanos a pensar nas afinidades temáticas co universo poético dos primeiros textos de Sombra del paraíso de Vicente Aleixandre, un autor polo que Avilés confesou sentir predilección. A destrucción violenta dese paraíso natural viría representada pola irrupción dos conquistadores españois, que foron os que levaron os cabalos a América:
(Aínda o ferro non coñecía a súa paixón máis terríbel, e no taller escuro do espanto un garañón a gargallada aberta artellaba a morte total dos séculos doce território da vida.) (17)
As unidades segunda e terceira ofrecen un primeiro esbozo de gabanza da paisaxe caucana, logo de desenvolver en cinco versos un motivo erótico ao redor da protagonista da novela romántica de Jorge Isaacs. O telurismo que exhibe en todo o volume concrétase nas unidades II e III no sangue e na arxila que o suxeito lírico aventa entre as canaveiras de azucre do Cauca ou esparexe nos campos da cidade de Palmira. Non falta tampouco a contraposición GaliciaColombia mediante a antítese dos símbolos: ?estandarte de brétema??estandarte de sol?. Nesta ocasión, a selección dos topónimos caucanos obedece exclusivamente a razóns eufónicas (Guacarí, Tuluá, Palmira, Popaián), que se ven reforzados pola situación en lugares tan estratéxicos como as fins de verso. O ritmo da parte II lógrase por medio de reiteracións morfosintácticas de carácter anafórico con reduplicacións dun sintagma ou parte del como verso independente a xeito de eco enfatizador:
Cómo ergo o meu estandarte de brétema a memoria é un can tan triste, tan triste. Cómo ergo, digo, o meu estandarte de sol e nos outeiros brúa o meu corazón, o meu corazón que un día afiaron afervoadamente
99
Nº 364