BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
rado un dos que os acosaban con frechas. Cando retornan ao campamento base de Tora os expedicionarios, entran cantando as excelencias das novas terras por eles enxergadas:
Y vistos los buhíos y ramadas, Se pusieron al modo de salvajes, Vistiéndose de mantas coloradas, Cubiertas las cabezas con plumajes: Con voces altas y regocijadas Hacen ostentación de nuevos trajes, Diciendo: ?¡Tierra buena!,¡tierra buena! Tierra que pone fin a nuestra pena. Tierra de oro, tierra abastecida, Tierra para hacer perpetua casa, Tierra con abundancia de comida, Tierra de grandes pueblos, tierra rasa, Tierra donde se ve gente vestida, Y a sus tiempos no sabe mal la brasa; Tierra de bendición, clara y serena, Tierra que pone fin a nuestra pena?86
A partir dese momento, cos poucos homes que lle quedaban sans despois de meses a abriren paso pola selva mesta e intricada das marxes do Magdalena, Quesada decidiu abandonar o curso deste río polo do afluente Otón para ascenderen á fértil meseta de Bogotá e bateren cos poboados dos muiscas. Parece claro, logo, que o propio contexto históricoliterario da obra de Juan de Castellanos de que extrae Avilés de Taramancos os versos do epígrafe, salientados en cursiva por nós na cita precedente, contribúe, na nosa opinión, a afirmar a exaltación da identidade colombiana, pois se o poeta galego estivese interesado unicamente en gabar as terras que baña o Cauca, con toda probabiliade escollería para este paratexto uns versos do crego de Tunja relacionados coa expedición de Sebastián de Belalcázar. 4.2.1. ?Primeiro canto? Cantos caucanos iníciase cunha composición en catro unidades que leva o título xeral de ?Primeiro canto? e desempeña a función de prólogo da primeira parte do volume. Na edición privada de 1984, este poema non presenta data, mais non é iloxico pensarmos que o elaborou tras os outros dez para proporcionarlle unha mínima estrutura a toda a serie. Ao concentrar neste texto varios motivos que serán desenvoltos logo, a organización interna desta serie aseméllase a un abano que se vai despregando de vagariño ata mostrar un fresco de elementos representativos da nación colombiana. A preocupación estrutural deste poema en concreto tamén se revela por medio da reiteración do verso ?no ámbito do Cauca? ao remate da primeira unidade estrófica e ao remate do texto pretende outorgarlle unha leve circularidade. Á hora de presentar o val do Cauca, Avilés de Taramancos comeza utilizando nos primeiros versos o modelo mítico do Xénesis:
Nº 364 98