BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
e os testículos de Xehová, o Gold Chocó Co, e a United Fruit, as samesugas do imperio teñen que borrarse do ceo de Colombia como se fai coa brétema maligna. Abrindo a foetazos as portas do Sol. Sinto subir ás cumes un rio de xaguares.33
Para Avilés ?o sino de América desde o primeiro encontro? viña dado pola resistencia armada fronte á opresión, de aí que organice en antítese a enumeración de figuras emblemáticas desa resistencia fronte a non menos representativos ditadores:
No principio foi o terror. Logo a carne murcha dos escravos de fóra que dou vizor ás sementeiras. De Norte a Sul os berros abrouxadores de Guatemocin, Tupac Amaru, MancoCapac, Policarpa Salvarrieta, Galán e os Comuneros do Socorro, Caupolicán, Zapata, Sandino, Camilo Torres, Che, Tiradentes... os cimarróns e as tribus esparexidas na miséria: América, terra firme. E vemos no trasluz do tempo a Somoza vendendo plasma sanguíneo, a Pepe 'Tacón' Figueras vendendo a Pátria, a Batista roubando o tesouro público 'tiburón nada pero salpica', a Leónidas o Benefactor e a Papa Doc., a Lanusse, Vídela e Pinochet de cor chumbo merdento, como unha estadea noitébrega baixo da cruz do Sul. América Terra Firme.34
Ao fenómeno do narcotráfico Avilés de Taramancos vaille dedicar tamén dous artigos. A motivación non viña dada soamente pola repercusión en Colombia da explotación da coca, senón tamén pola paulatina conversión dos contrabandistas de tabaco das Rías Baixas en cabezas de ponte en Europa dos carteis do narcotráfico. O poeta noiés desde o ano 1970 vivira na cidade de Cali e asistira, polo tanto, á formación e desenvolvemento do Cartel de Cali coa asociación das familias de Gilberto Rodrígez Orjuela e José Santa Cruz Lendoño. Para apreciarmos hoxe en día a transcendencia das alteracións económicas e sociais causadas na sociedade colombiana polo cultivo da coca abonda con repararmos en que os economistas calcularon que en 1978 o país exportara coca por valor de 154 millóns de dólares, que equivalía ao 9% do PIB35. Nun momento en que estaban a despregar atentados terroristas contra o Estado, Avilés daba ?a voz de alarma? sobre a destrución da sociedade colombiana causada polos narcotraficantes:
Agora as forzas negras do terror abriron a sua navalla de seis fios e botan todo o esplendor do seu ouro maldecido no muíño da desfeita e o país bambolea como unha pruma no ar. Son os 'narcos' ese exército de famentos da vida dos demais, os que izan a bandeira e arremeten contra dun povo inerme e soñador. Dos trinta millóns de colombianos, sómente uns cincuenta mil foron capaces de corromper as estruturas do país. Máis da mitade do exército, máis da mitade da policia, máis da mitade da guerrilla están contaminados pola 'merda do demo' que son os cartos da coca, do crack e da marihuana nacional, primeiros produtos de exportación.36
En tanto que redactor de Barbanza, Avilés de Taramancos deixa constancia nas súas columnas da atención cada vez maior que lle vai ir concedendo este quincenario ao tráfico de drogas nas Rías Baixas. Así, ao mes de publicado o artigo anterior, dá a coñecer outro en ?Columna de Hércules? para mostrar ?no espello de Colombia? como se substituíra o mercado clandestino das esmeraldas polo da cocaína:
Nº 364 56