BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
os cregos e os porcos amancebados do réxime os vellos cabróns que comían deuses que tiñan que matarte, que tiñan que matarte e matáronte para que aturuxes eternamente ouh home de ferro guindado á beira dos cimeterios co teu pelexo de fantasma no que vai o coitelo desesperado de inquisidor botando lume polos ollos.
Ao dar a coñecer en 1983 esta homenaxe á figura de Pablo de Rokha, parece claro que Avilés de Taramancos estaba avisando os seus lectores sobre a vida e a obra deste poeta chileno, pero cando publique Cantos caucanos o autor citado unha e outra vez nos comentarios será o outro Pablo, o autor do Canto general. 4.4.2. ?Chiminigagua? O poema ?Chiminigagua? formou parte da exposición ?Mundos?, que tivo lugar nos meses de xuño e xullo de 1989 na Casa da Parra de Santiago, e apareceu publicado por primeira vez no correspondente catálogo. A mostra foi organizada polo poeta e crítico de arte Xavier Seoane, no ronsel do número monográfico da revista Luzes de Galiza que levaba o lema de ?Cidades?. Na exposición tomaron parte catorce artistas plásticos e outros tantos poetas, case todos pertencentes á xeración literaria dos oitenta. Os escritores máis vellos desta mostra sobre espacios alleos a Galicia son Salvador GarcíaBodaño e o propio Avilés de Taramancos, quen participa nun recital nocturno na praza da Quintana o 28 de xuño de 1989, o día da inauguración. Tamén tomara parte con outros vintecinco escritores no recital do 17 de xullo de 1985 en homenaxe a Rosalía, organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega na praza de Mazarelos. Baixo o epígrafe xeral de ?Os Andes?, o poema ?Chiminigagua? acompañaba un cadro de Leopoldo Nóvoa titulado Perú hoxe da súa serie ?Nuestra América?. O escritor de Noia declarou que desde Colombia viaxara tamén aos outros países dos Andes: ?Andiven os países andinos, Ecuador, Perú, Bolivia, non me gustou moito ir a Venezuela porque é un país rico e sempre tiven certo desdén pola riqueza?107. A súa escolla para abordar esa temática perecía de obriga. O poema ?Chiminigagua? supón unha nova mostra do talento e da orixinalidade na apropiación da realidade americana sen perder a coherencia interna do seu universo poético. Como en Cantos caucanos, Avilés sérvese do discurso mítico e ofrécenos un moi singular relato da xénese da cordilleira a partir dos deuses principais da relixións dos muiscas (Chiminigagua) e dos incas (Viracocha). En común tiñan o feito de seren figuras centrais dos panteóns respectivos. Non se ha de ignorar, ademais, que a cultura incaica estendera os seus dominios ata a rexión de Pasto e o río Putumayo. Chiminigagua é caracterizado deste xeito polo ensaísta colombiano Jesús Arango Cano:
Era el díos de los dioses, pero de él únicamente se recordaba que había creado la luz, sacando el mundo de la tenebrosa oscuridad. Era, en fin, el supremo hacedor del uniNº 364 128