Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
negrería que el liberta, as amplas chairas que reverberan debaixo do sol e os cumes altos e brancos como rosas níveas que adornan as provincias e que serven de parapeto e de defensa, onde o pobo antigo se acubilla e as grandes aras sagradas din aínda dos vellos ritos e sinxelos rezos. Grandes manadas de poldros, vacadas que pacen na primavera perenne e milleiros de aves e paxaros a retumbar no ceo co seu cántico que é un himno que de cotío alenta e logo xustifica as penas da xornada. A terra desde o Darién ao Cotopaxi, aberta agora como un sulco no que se semea a liberdade que xa todos senten de seu e que non haberá pouta que a apreixe para tela outra volta agrilloada. (p. 86)
De todos os xeitos, non se pode ocultar a evidente idealización da figura de Nariño que efectúa Avilés de Taramancos ao non incidir no contido de clase das súas medidas políticas. Coma o resto dos crioulos patriotas colombianos, Nariño non pretendeu formar unha nova nación sen discriminacións raciais e sociais como a soñada a fins do XIX polo revolucionario José Martí. No seu célebre ensaio La ciudad letrada o grande crítico uruguaio de ascendencia galega Angel Rama apón as limitacións da acción revolucionaria dos crioulos á súa dependencia de
...un Poder real, regulador del orden jerárquico de la sociedad, pues al desaparecer bajo sus embates la administración española encontró que la mayoría de la población (indios, negros, mestizos, mulatos) estaba en su contra y militaba en las fuerzas regalistas, por lo cual debió hacer concesiones tal como se expresaron desde la primera ley sobre libertad de esclavos que promulgó Simón Bolívar en 1816 y las posteriores sobre indios que resultaron catastróficas para éstos, pues efectivamente los indios no se equivocaban cuando 'consideraban al rei como su protector y defensor natural, contra las aspiraciones subyugadoras de los criollos, dueños de las haciendas y buscadores de mano de obra barata'.59
3.6. ?LUZMILA? De todos os textos de Nova crónica das Indias, o peor resolto literariamente é, na nosa opinión, o titulado ?Luzmila?, pois afástase dos relatos de tema histórico, das semblanzas de personaxes e das narracións de viaxes do resto do volume para limitarse a unha efusión lírica sobre motivos históricos. A ausencia de verdadeiras estruturas narrativas obriga a relegalo á condición de simple prosa poética, o que non significa que, desde o punto de vista temático, careza de interese no conxunto do volume. Se na exposición da realidade colombiana en Nova crónica das Indias están presentes os episodios históricos, a paisaxe física e mesmo un símbolo da independencia política, parece coma se procurase incluír un capítulo correspondente á exaltación do pobo anónimo para compor unha visión particular dos elementos constitutivos da nación. O amor de Avilés pola xente de Colombia viría representado pola figura feminina do título, que adquire valor arquetípico da muller colombiana:
Vexo o teu corpo, meu amor, tendido nos lenzos brancos, á luz do mencer que entra fiada pola cortina da fiestra, admiro a súa color de canela a brillar, a túa pel a latexar ardendo, e a frescura do aroma frutal que me pon bébedo. Béixote desde a fronte aos
77
Nº 364