BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
damentais da vida do patriota e a descrición da paisaxe colombiana, o autor opta por centrarse na última paseata a cabalo que realiza o 12 de decembro de 1823, o día anterior ao seu falecemento, un feito perfectamente rexistrado documentalmente: ?Acaso por sentir a fresca da mañá, por ver outra vez a luz morna dándolle forma ás árbores do dividivi, ou por atemperar o seu propio sangue que lle queima dos cotobelos ata a gorxa, nun afogo de mareo que fai desfalecer, esmorecer afervorado entre os liños do leito onde a noite se alongou con teimosía, interrompida pola tose e o desasosego, Don Antonio Nariño, axudado polo seu edecán e compañeiro, sobe ós lombos da egua para emprender a derradeira cabalgada? (p. 83). O narrador omnisciente vai combinar as lembranzas do protagonista, que se sabe moribundo pero feliz co destino cumprido, sen ningunha orde cronolóxica: ?Pola súa mente como por un espello nidio van pasando as imaxes da súa vida, os feitos e aconteceres do seu tempo? (p. 83). Así, xorde a figura do naturalista José Celestino Mutis (17321808), director da Real Expedición Botánica que frecuenta o faladoiro na casa de Nariño desde 1789, a tradución e publicación da Declaración dos dereitos do Home en 1794 na súa ?Imprenta Patriótica?, a prisión en Cádiz desde 1816 a 1820 ao ser derrotado na cidade de Pasto polo dirixente das tropas realistas do Sur (Juan Sámano), a devesa de Fucha onde recupera a fortuna coa explotación agraria tralo primeiro encarceramento, os fusilamentos en 1816 do ilustrado Francisco José de Caldas (17681816) e o político Camilo Torres (17681816) durante a restauración do vicerreinado... Non deixa de ser revelador da defensa da independencia de Colombia que leva a cabo o escritor noiés o espacio concedido a execrar a figura do militar Pablo Morillo (17781837), enviado por Fernando VII ao mando de 10.000 homes para recuperar as nacións emancipadas da coroa española durante a Francesada, aínda que co seu Réxime de Terror faría que a causa independista acabase por ser abrazada polo pobo:
Acórdase dos días do Terror e de Paulo Morillo decretando a guerra sen cuartel, a guerra a morte que tanto padecemento, tanta penuria e tanta crueldade trouxera nese tempo e que foran os dias aciagos nos que a patria se ía escoando pouco a pouco coma unha criatura maleferida. A rabia de que un da terra dos seus maiores ou devanceiros, heroe aclamado da Ponte Sampaio, o destructor das aguias de Soult, tivera un corazón tan negro e miserábel que non se aviña ás leis humanitarias dos pobos civilizados e pasaba a lume e ferro por veredas e poboados deixando un ronsel de morte e tropelía como deixara a xente bárbara nas gándaras de Occidente. (p. 84)
Na representación do patriotismo de Antonio Nariño, Avilés de Taramancos parece coma se ilustrase as teorías de Benedict Anderson sobre a nación como comunidade imaxinada. De feito, ao final do relato, Nariño consegue formar na súa mente unha imaxe ideal da súa patria a partir da identidade xeográfica que representa o mapa da nova nación:
Entón configúrase no seu maxín a patria mesmo como un mapa etéreo, ergueito no aire así de inmenso, e ve correr os ríos milenarios, os grandes vales de azucre, as sementeiras de millo e mandioca, os dondos froitos irisados, as cabanas e bohíos humildes da
Nº 364
76