Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Neruda, dispón do instrumento verbal axeitado para espresala desmesura mineral daquelas terras, o abafo dunha vexetación vizosa e absurda, un mundo que é aldraxe permamente á norma, rebeldía contra as categorías lóxicas ?esa superstición grega sobre das que construimolo noso pensamento. Pero Neruda maxinou o seu Canto General desde unha perspectiva épica e política, con tódolos seus elementos en demasía, coma corresponde a unha visión totalizadora de América. Avilés, lírico insomne, recréase coa nostalxia daquel mundo que foi a súa mocedade.
Esta observación sobre as diferencias entre a poesía de Cantos caucanos e a nova épica do Canto general dará paso, nalgunha recensión de prensa, á atribución de influencias, que el en conversas particulares non se coutaba de negar e que explicaba como descoñecemento dos poetas latinoamericanos en España, en especial da obra de Pablo de Rokha. Probablemente, a maior influencia do Neruda do Canto general se manifesta por vía negativa; a Avilés interesaríalle acentuar a singularidade da súa obra afastándoa o máis posible dunha das obras canónicas da poesía latinoamericana, que se ben recibiu ataques ideolóxicos desde o anticomunismo tras a caída do muro de Berlín84, tamén lle recoñeceron a orixinalidade que supuxo a poetización da historia non oficial de todo o continente85. Non se ha de esquecer que nun verso de ?Amor América (1400)?, o poema que abre Canto general, Neruda asume a condición de cronista de todo o continente: ?Yo estoy aquí para contar la historia?. Fronte á épica fragmentaria sobre a historia de América que ofrece o chileno, o poeta galego mantense coherente no canto lírico da identidade nacional de Colombia privilexiando a paisaxe natural. Aínda así non deixa de producirse algunha coincidencia temática, como a condena da violencia da conquista, que orixinou un dos maiores etnocidios da historia, e a gabanza da paisaxe natural. Para epígrafe da sección ?Cantos caucanos? Avilés selecciona sete hendecasílabos das oitavas 30 e 31 do canto cuarto da ?Elegía IV a la muerte de don Pedro Fernández de Lugo; donde se cuenta la llegada a Santa Marta con el gobierno de aquella provincia, y lo que sucedió durante su vida? das Elegías de varones ilustres de Indias do cronista e poeta Juan de Castellanos, tan gabado no artigo dedicado á literatura latinoamericana que xa deixamos comentado a pesar da escasa poesía contida nesta obra fundacional da literatura colombiana, máis valiosa certamente polo que ten de crónica que pola arte verbal exhibida. Aos seis meses de que a grande expedición partise da cidade de Santa Marta e logo de sufrir incontables penalidades e perdas de homes polas enfermidades seguindo o curso do río Magdalena, Gonzalo Ximénez de Quesada enviou ao capitán Juan de San Martín a explorar con doce soldados en tres canoas o río Apón. Esta decisión sería clave para o éxito da expedición de descuberta e conquista que comandaba o intrépido avogado cordobés porque acabaron tendo constancia de que estaban preto dun novo pobo que saquear e asoballar. Os homes de San Martín atopan tortas de sal e mantas de algodón de varias cores en piraguas que abandonan a escape uns indios e máis tarde dan captu97 Nº 364